Archive for Setembro 2008

O caso de Charles Dexter Ward

Setembro 14, 2008

Quixera falar un pouco de literatura, e agora, en concreto da obra que da nome ó comentario.

Antes farei un pouco de historia, de como cheguei a ela. No instituto ó que eu fun (inda non fai moito), un dos escritores favoritos no momento de escoller as lecturas obrigatorias en galego pra os alumnos era (e me imaxino que segue sendo) Agustín Fernández Paz. Este adícase á literatura xuvenil, e en especial á de terror. Agustín viu como conferenciante polo instituto varias veces (recordo polo menos 3) e unha das cousas das que falaba era obviamente a literatura de terror, e non podía faltar a súa opinión sobre quen era o autor máis terrorífico de todos. En contra do que quen isto escribe pensaba entón, que diría que era Poe, o autor da novela curta “Aire negro” mencionaba  a un escritor pra min desconhecido entón e que non logrei captar ata a terceira vez que o dixo (na terceira das conferencias). Adivinháchedes xa: Lovecraft. E falaba dos relatos que el creía máis terroríficos: un é o protagonista deste texto, e os outros os mitos de Cthulhu. Ben, ata fai pouco non din con eles, pero agora, uns xa os lin, e podo comentalos. Agradéceselle a Agustín Fernández Paz os seus consellos en literatura de terror. Fin da historia.

Este verán estou lendo os relatos de Lovecraft (edición en castelán: “Narrativa completa”, ed. Valdemar), e en certo modo penso que é un pouco irregular, e hai cousas moi aburridas, e outras bastante boas. Lovecraft é un autor ó que se lle da mellor a acción que a descripción, e cando se centra na segunda, os seus relatos fánseme moi aburridos (“O que trae a lúa” ou o longísimo “A búsqueda en sonos da ignota Kadath”; neste último hai de todo, tanto acción como descripción, pero a segunda xoga un papel importante). Pola contra os relatos de acción son os máis interesantes, e tamén é cando consegue as maiores doses de horror (“Herbert West, reanimador”, “O medo asexante”). Pois ben, eu creo que unha das cumes (inda non podo dicir a cume xa que non o lín todo) da literatura do autor de Providence é “O caso de Charles Dexter Ward”, especialmente no xénero do terror, onde pode considerarse unha obra mestra. Pódese dicir que é unha reformulación de “Herbert West, …” dende un punto de vista detectivesco. Incluso a estructura da novela recorda ás de Sherlock Holmes, con explicación final incluída.

É unha novela cunha intensidade alucinante !!!. Espectacular. Amais é toda a novela, e o final xa é un clímax perfecto. Isto tamén e característica de moitos relatos de Lovecraft. Tenhen finais sorprendentes que deixan xeado ó persoal, como o de “Arthur Jermyn …”. Nesta linha, o narrador vai amosando pistas, e a perspectiva do lector alcanza a conhecer cousas que os protagonistas non reconhecen ata xa case o final, inda que ó lector tamén se lle poden escapar outras cousas que si adivinhan dende o interior da obra, sobre todo quen ten o papel de detective, o que descobre, que xoga nesta novela o doctor Willett.

Ben, xa non comento máis, non a desvelarei e deixarei disfrutar dela. So querría dicir que penso que este autor e máis en xeral toda a literatura de terror, é pra ler cando se é moi xoven, casi cando se é un neno, cando inda pódese pasar medo. Os maiores (e non hai que selo tanto) emocionámonos moito (e NON no sentido romántico do termo) e disfrutamos dela, pero o medo non se logra alcanzar. Suponho que tamén é culpa da sociedade demasiado racional (¿?) na que vivimos.

O efecto McCollough

Setembro 14, 2008

Onte lín un artigo  (“Postefectos negativos en la percepción visual” de Olga Eizner Favreau e M. C. Corballis, aparecido en febreiro de 1977 en “Investigación y Ciencia”) sobre os postefectos negativos. Tanto estes como os postefectos positivos é o que comúnmente conhécese como ilusións, as que máis, as ópticas. Un moi curioso é o mencionado efecto McCollough. Este baséase en mirar durante un tempo (por exemplo 5 minutos) a dous cadrados, alternando, un tempo un, un tempo o outro (o mesmo tempo pra os dous, por ex. 10 segundos). Un cadrado é de raias horizontais que alternan negras con outra cor, que non é branco. O outro cadrado é de raias verticais, e nel alternan negras coas da cor complementaria ás do primeiro cadrado. Por ex., unhas verdes e entón outras vermellas. Despois de facer isto mírase algunha imaxe na que haia raias negras alternadas con raias brancas, tanto horizontais como verticais. O efecto McCollough constiste en que, se no cadrado no que había as raias horizontais, estas eran verdes, e no das verticais eran vermellas, agora as raias brancas horizontais parecerán vermellas e as verticais parecerán verdes. Comprobeino e funciona, incluso funciona o día seguinte (é dicir hoxe), e parece ser que este efecto pode durar incluso varias semanas.

11 de setembro

Setembro 11, 2008

Quixera notar unha cousa. Hoxe fai 7 anos dende o día en que Osama Bin Laden fixo a súa verdadeira aparición ante todos os espectadores do mundo (ou polo menos, bastantes). Foi aquel un día raro, no que un non sabe que pensar, sobro todo nos primeiros momentos.

Henri Cartan

Setembro 11, 2008

Pra empezar, tamén direi a que foi unha das novas do vran no mundo da ciencia que eu estudo . O falecemento de Henri Cartan, un dos más importantes matemáticos do s. XX. Unha mala noticia, sen ningunha dúbida. Non me extenderei xa que hai suficiente información na rede.

Presentation

Setembro 11, 2008

Dende a Antiga Helade chego pra dicirvos algo ós da polis. Os que saiban algo de Historia Antiga poderán situarme no meu contexto cultural, entre o Neolítico e a Idade de Bronce da rexión que ocupan a actual Grecia e o seu oriente. Os que non, poden considerarme un no caminho das matemáticas e a filosofía. E pouco máis. Como tódolos seres humáns, non sou máis ca unha nimiedade no enorme do mundo.