O caso de Charles Dexter Ward

Quixera falar un pouco de literatura, e agora, en concreto da obra que da nome ó comentario.

Antes farei un pouco de historia, de como cheguei a ela. No instituto ó que eu fun (inda non fai moito), un dos escritores favoritos no momento de escoller as lecturas obrigatorias en galego pra os alumnos era (e me imaxino que segue sendo) Agustín Fernández Paz. Este adícase á literatura xuvenil, e en especial á de terror. Agustín viu como conferenciante polo instituto varias veces (recordo polo menos 3) e unha das cousas das que falaba era obviamente a literatura de terror, e non podía faltar a súa opinión sobre quen era o autor máis terrorífico de todos. En contra do que quen isto escribe pensaba entón, que diría que era Poe, o autor da novela curta “Aire negro” mencionaba  a un escritor pra min desconhecido entón e que non logrei captar ata a terceira vez que o dixo (na terceira das conferencias). Adivinháchedes xa: Lovecraft. E falaba dos relatos que el creía máis terroríficos: un é o protagonista deste texto, e os outros os mitos de Cthulhu. Ben, ata fai pouco non din con eles, pero agora, uns xa os lin, e podo comentalos. Agradéceselle a Agustín Fernández Paz os seus consellos en literatura de terror. Fin da historia.

Este verán estou lendo os relatos de Lovecraft (edición en castelán: “Narrativa completa”, ed. Valdemar), e en certo modo penso que é un pouco irregular, e hai cousas moi aburridas, e outras bastante boas. Lovecraft é un autor ó que se lle da mellor a acción que a descripción, e cando se centra na segunda, os seus relatos fánseme moi aburridos (“O que trae a lúa” ou o longísimo “A búsqueda en sonos da ignota Kadath”; neste último hai de todo, tanto acción como descripción, pero a segunda xoga un papel importante). Pola contra os relatos de acción son os máis interesantes, e tamén é cando consegue as maiores doses de horror (“Herbert West, reanimador”, “O medo asexante”). Pois ben, eu creo que unha das cumes (inda non podo dicir a cume xa que non o lín todo) da literatura do autor de Providence é “O caso de Charles Dexter Ward”, especialmente no xénero do terror, onde pode considerarse unha obra mestra. Pódese dicir que é unha reformulación de “Herbert West, …” dende un punto de vista detectivesco. Incluso a estructura da novela recorda ás de Sherlock Holmes, con explicación final incluída.

É unha novela cunha intensidade alucinante !!!. Espectacular. Amais é toda a novela, e o final xa é un clímax perfecto. Isto tamén e característica de moitos relatos de Lovecraft. Tenhen finais sorprendentes que deixan xeado ó persoal, como o de “Arthur Jermyn …”. Nesta linha, o narrador vai amosando pistas, e a perspectiva do lector alcanza a conhecer cousas que os protagonistas non reconhecen ata xa case o final, inda que ó lector tamén se lle poden escapar outras cousas que si adivinhan dende o interior da obra, sobre todo quen ten o papel de detective, o que descobre, que xoga nesta novela o doctor Willett.

Ben, xa non comento máis, non a desvelarei e deixarei disfrutar dela. So querría dicir que penso que este autor e máis en xeral toda a literatura de terror, é pra ler cando se é moi xoven, casi cando se é un neno, cando inda pódese pasar medo. Os maiores (e non hai que selo tanto) emocionámonos moito (e NON no sentido romántico do termo) e disfrutamos dela, pero o medo non se logra alcanzar. Suponho que tamén é culpa da sociedade demasiado racional (¿?) na que vivimos.

Advertisements

Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: