O millor traballo que se pode ter

Southall xunto a súa novia na illa

Southall xunto a súa novia na illa

Hoxe comezaron os 6 meses que durará o millor traballo do mundo, que levará a cabo o británico de 34 anos Ben Southall, coidar dunha illa tropical australiana a cambio duns 83.300 euros. Segundo el mesmo declarou, ten “unha axenda moi chea, voar a distintas partes da Gran Barreira de Coral, exploralas, escribir sobre isto e intentar vendelo a todo o mundo”.

Deberá relaxarse, gozar do clima tropical e nadar nas augas cristalinas a pracer para logo describir nun blogue de Internet as bondades da illa, que para iso foi escollido polo Departamento de Turismo do estado australiano de Queensland entre 35.000 aspirantes. O plan publicitario tinha como obxectivo conseguir que nos medios de comunicación apareceran os nomes da illa de Hamilton, a Gran Barreira de Coral e as praias tropicais de Queensland. O emprego inclúe amais unha casa na praia con tres dormitorios, piscina e un carriño de golf para recorrer la paradisíaca illa.

Os únicos requisitos para participaren no concurso eran saber nadar, mergullarse, ter don de xentes, facer fotos e vídeos, e relatar nun blogue as vivencias cotiás durante o desempeño da misión.

A campanha xerou uns 100 millóns de dólares australianos (74 millóns de dólares estadounidenses ou 55,6 millóns de euros) en publicidade e levou á empresa creadora, a australiana CumminsNitro Brisbane, a ganhar o Gran Premio de Direct e o máximo galardón de Relacións Públicas en Cannes 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: