Día tras día. 8-Vendémiaire, ano CCXIX, Amarante

Hoxe, día dos amarantos, isto é, as plantas da familia Amaranthaceae pertencentes ó xénero Amaranthus (do grego Αμάραντοζ, que non murcha), dedicareino a facer algunha aclaración na escala do tempo xeolóxico, e por tanto de carácter estratigráfico.

O período Cuaternario é reconhecido oficialmente como aquel que engloba o momento presente e que empezou fai algo máis de 2 millóns e medio de anos. O período Terciario é o que cobre os reconhecidos períodos Paleoxeno e Neoxeno dende hai uns 65 millóns de anos ata o Cuaternario. Entón a era Cenozoica é a unión dos períodos Terciario e Cuaternario. O período Secundario é o que hoxe conhecemos como era Mesozoica ou Mesozoico, dende hai uns 250 millóns de anos ata a chegada de Cenozoico e o Terciario. Finalmente a era Primaria é o que agora chámase era Paleozoica ou Paleozoico, previa ó Mesozoico, e que comezou hai uns 542 millóns de anos co período Cámbrico, no que se deu a explosión da vida.

O conxunto das eras Paleozoico, Mesozoico e Cenozoico é o eón Fanerozoico.

Advertisements

Etiquetas:

Unha resposta to “Día tras día. 8-Vendémiaire, ano CCXIX, Amarante”

  1. Día tras día. 8-Vendémiaire, ano CCXXI, Amarante « Pitagorico17′s Weblog Says:

    […] é o día dos amarantos, como xa comentei fai 2 anos. Escribirei sobre a historia política na […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: