Archive for Outubro 2010

Día tras día. 18-Vendémiaire, ano CCXIX, Sarrasin

Outubro 9, 2010

O alforfón (Fagopyrum esculentum) é un cereal da familia Polygonaceae cultivado para o consumo humano e animal, tamén chamada trigo negro, trigo sarraceno ou sarrasin.

Hoxe recordo a un gran músico das últimas décadas, o londiniense Damon Albarn. É un dos máximos exponhentes da nova música británica, conhecida como britpop, próxima á música electrónica. Nesta linha, colaborou con Fatboy Slim e con Massive Attack entre outros.

Fundou primeiro a banda Blur, coa que obtivo gran éxito nos anos 90, e dende comezos deste III milenio apois de Cristo o encontrou mediante a súa nova banda, a virtual Gorillaz. Amais, xunto a Paul Simonon (ex-baixista de The Clash), Tony Allen (herdeiro artístico de Fela Kuti) e outros músicos fundaron The Good, The Bad & The Queen. Aparece a súa música na banda sonora do filme británico Trainspotting.

Advertisements

Plein Soleil

Outubro 9, 2010

Gustaríame facer unha pequena reflexión sobre este filme francés do ano 1960 conhecido como A pleno sol, que está dirixido por René Clément, protagonizado por un novo Alain Delon, e por Maurice Ronet e Marie Laforêt, e baseado na novela O talento de Mr. Ripley de Patricia Highsmith. Tamén participou no guión Paul Gégauff, colaborador dalgúns dos primeiros filmes de Éric Rohmer. (more…)