Archive for Xuño 2011

Día tras día. 2-Messidor, ano CCXIX, Avoine

Xuño 20, 2011

O regreso. Xa o comentarei máis longamente. Hoxe é día da avea cultivada (Avena sativa), cereal que como o seu mesmo nome indica, é a especie cultivada da avea, nome común do xénero de plantas Avena pertencente á familia das poáceas (Poaceae).

Quería comentar outra planta. A de nome científico Veratrum album, en galego conhecida especialmente como surbia, pero tamén como heléboro branco (tradución directa ó galego do nome máis empregado noutras linguas), herba do lobo, e veratro. A denominación surbia parece que ven do exipcio somphia, vía sumphia e ben surphia ou ben sumbia. Para máis denominacións posíbeis (inda que non moi fiábeis algunhas delas) véxase http://ww2.bgbm.org/EuroPlusMed/PTaxonDetail.asp?NameId=68200&PTRefFk=8000000. En Ourense parece que era chamada burbia. (a minha fonte principal ata agora foi http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=surbia&tipo_busca=lema)

É unha planta medicinal. Usábase antigamente o seu coalicerce pra baña-las ovellas e quitarlles así a cotra e a morrinha, e máis xeralmente, como antiparasitario en diversos animais (incluídos os humáns). A súa toxicidade, cun efecto paralizante sobre o sistema nervioso, provocou que deixase de ser empregada.

Plinio o Vello xa a menciona no capítulo 21 do libro XXV da súa magna obra Historia Naturalis.