Archive for Xaneiro 2012

Morreu Gustav Leonhardt

Xaneiro 18, 2012

Un dos máis grandes músicos dos últimos tempos e quizáis o millor intérprete de J. S. Bach, faleceu o pasado luns 16 de xaneiro de 2012. Deixo un link da noticia: Muere Gustav Leonhardt

e un vídeo coa súa última interpretación en vivo:

 

Escena de caza

Xaneiro 15, 2012

Deixo unha peza de música acusmática moi suxestiva, chamada “Hunting scene”. Mais debo antes agradecer a organización por parte da Orquestra do Caos (e do CCCB) dun festival coma o Zeppelin, no que se difunde este tipo de música experimental orixinada nos traballos de Pierre Schaeffer, sendo na última edición do mesmo, o Zeppelin 2011, fai pouco máis dun mes, cando descubrín a obra en cuestión.

A autora é Tatjana Böhme-Mehner. Podemos comezar pola descrición da obra nos seus termos:
“Nearly everybody knows the classical hunting scene from paintings of the baroque era. That is the kind of hunting scene we are looking at. There are people in uniform, dogs, wind instruments, trees and a lot of things more to be discovered. Not very peaceful at all — and since time passes while we are looking at the picture, the scene develops the character of a surrealist “Cinéma pour les Oreilles”. The hunt is a ritual — and while observing an image of it, we observe the same procedure several times, which of course never will be the same. Hunting Scene is a “Cinéma pour les oreilles” based on simple sampling techniques featuring in some parts minimalism and anecdotal thinking. All the samples are taken from quite peaceful situations — no animal was killed or hunted for the recording. But as you see, in matters of sound the barriers between military, sport, folk-tradition, traffic and so on are not that tall. Hunting means running.”
Procurarei ilustrala proximamente.
Tanto o enlace do ficheiro da obra como a descrición os recollo dos ficheiros da web http://cec.sonus.ca/

Tamén suxiro o filme “Kind Hearts and Coronets” no que se mira algunha escena deste tipo, e no que Alec Guinness interpreta ata 8 roles distintos, magnífica comedia negra británica.

Falece Isaac Díaz Pardo

Xaneiro 5, 2012

O intelectual galeguista faleceu hoxe 5 de xaneiro ós 91 anos de idade en A Corunha. Nacido en Compostela, colaborou, entre outros, con Castelao, Cabanillas e Vicente Risco e foi un patriota galego máis, participando na campanha polo Estatuto de Autonomía en 1936. Foi cofundador de Sargadelos e máis editor, sendo parte de quen crearon a memoria histórica contemporánea.
A súa obra foi cedida á Biblioteca de Galiza da Cidade de Cultura, inda que non sen polémica, xa que segundo un dos seus fillos, o Goberno galego aproveitouse do seu pai.
Para máis información, http://galego.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/01/05/fallece-isaac-diaz-pardo/611768.html.

Carta contra o Cristianismo

Xaneiro 5, 2012

Deixo esta carta (en castelán) contra a irresponsabilidade cultural, que defendo, xurdiu no contexto do Cristianismo. A meirande parte da nota, dedícome a introducila expondo unha filosofía que creo que era o que pensaba Nietzsche e que penso eu, polo menos en parte. Pero se non está moi xustificada é pola razón de que ese non era o meu obxectivo, senón chegar á crítica á relixión Cristiá, porque son os seus impulsores, dende Teodosio II ata os Reis Católicos, pasando pola Inquisición, os que nos legaron este mundo de barbarie no que vivimos. Creo que non se pode entender unha concepción dogmática e impositiva do mundo como pode ser o fascismo, o nazismo, o stalinismo, o maoísmo e en xeral os totalitarismos, se non furgamos nos métodos e nas cristiáns, e tamén nas súas teorías (o primeiro antixudaísmo é o cristián).
Volvendo á parte filosófica, non é a minha intención ter a razón, pois como ben digo só son as minhas crenzas nunha verdade que si existe non podo conhecer (Gorgias).
Religión contra Cultura