Archive for Febreiro 2012

Barry Lyndon

Febreiro 23, 2012

Acabo de mirar esta longametraxe. Primeiro de todo declárome anti-Kubrick. Os seus filmes, polo xeral non me gustan, pola forma en que están feitos, polo ritmo, pola estética e seguramente por moitas razóns máis que non son capaz de albiscar. En parte, dáme a impresión que os seus filmes son unha especie de Hollywood clásico canónico, dito doutra maneira, a evolución máis natural do cine clásico de Hollywood levada á máxima expresión, sen cambios bruscos. Kubrick non pertence as novas ondas de directores, como a dos 70, os Spielberg, Scorsese, Coppola, de Palma, Lucas, etc., Kubrick é un director do cine clásico de antes, que entre outras cousas é un cine de xénero, pero en cor e empregando todas as posibilidades que a técnica lle permitía. En palabras do escritor Vicente Molina Foix, quen traballou con el, “Kubrick […] ha querido hacer películas que, en cada uno de los terrenos o géneros que él elegía fueran el no va más de ese género”. E eu prefiro o cine europeo e o xaponés dunha determinada época entre doutros ó cine de Hollywood, salvo, quizais, no xénero da comedia. Precisamente, se tenho unha boa opinión de Dr. Strangelove, é como comedia, amais de pola superba tripla interpretación de Peter Sellers. (more…)

Advertisements

Misión a China. Czartoryski-Golovkin-Potocki

Febreiro 12, 2012

Nos primeiros anos do século XIX Adam Jercy Czartoryski chegou a ter poderes de ministro de asuntos exteriores ruso para o tsar Alexandre I de Rusia. En parte, debido ó crecemento do Imperio Napoleónico en Europa, Czartoryski preparou unha misión a China co dobre obxectivo de expansión comercial e de conquistas asiáticas, vía acordos cos chinos.

O encargado desta misión diplomática sería o Conde Yuri Alexándrovich Golovkin. Por iso aparece nomeada como misión Golovkin, expedición Golovkin e/ou tamén embaixada Golovkin. Jan Potocki, o conde polaco e intelectual ilustrado autor d’O manuscrito atopado en Zaragoza, foi designado xefe da delegación científica desta embaixada, do que se decata en maio de 1805. En xunho dese ano parte a expedición. (more…)

Nápoles-Napoli-Nàpule-Neapolis (Cidade nova)

Febreiro 12, 2012

O nome no título, en galego-italiano-napolitano-grego. Fundada polos gregos no século VI pC, pasou a poder de Roma 3 séculos máis tarde. Enfronte ten a illa de Ischia (onde están as cinzas de Luchino Visconti, na súa vila persoal) e cerca Cumas, lugares onde os gregos eubeos xa se tinhan establecido. Ó lado está o volcán monte Vesuvio e as ruínas de Pompeia. No golfo de Nápoles encóntrase tamén a illa de Capri, onde está a Vila Iovis (Vila de Xúpiter; quizais en galego sería Vila Xovis?) que mandou construír o emperador romano Tiberio como residencia na que poder estar afastado de Roma. (more…)

Varios

Febreiro 11, 2012

Saúdos. Se vos fixades no blogue xa son habituais os longos espazos de tempo sen escribir, o último dos cales foi entre o pasado verán e o pasado mes de xaneiro. Pero quixera comenta-lo anterior, como prometera na entrada do regreso “Día tras día. 2-Messidor, ano CCXIX, Avoine”. Falarei dalgunhas cousas que ben poderían ir na sección Día tras día ou noutros posts do blogue. (more…)