Varios

Saúdos. Se vos fixades no blogue xa son habituais os longos espazos de tempo sen escribir, o último dos cales foi entre o pasado verán e o pasado mes de xaneiro. Pero quixera comenta-lo anterior, como prometera na entrada do regreso “Día tras día. 2-Messidor, ano CCXIX, Avoine”. Falarei dalgunhas cousas que ben poderían ir na sección Día tras día ou noutros posts do blogue.

Foi a noite que ía do venres 15 ó sábado 16 d’outubro de 2010 (aC) cando eu estaba escribindo unha entrada sobre o filme de Antonioni Blow up, que xusto acababa de mirar, cando o meu ordenador d’entón morreu. Logo pasei máis de 7 meses sen ordenador ata pasados mediados de maio do ano pasado. Por todo iso, non escribín o post sobre Blow up (que perdín cando xa levaba un bo anaco), nen sobre o concerto que vin de Imelda May en Barcelona (inda que si fixen a correspondente lista de reprodución no youtube), nen acerca d’outros tantos filmes que ben merecerían o seu espazo eiquí.

Sei por exemplo que entre outras cousas quixen dedicar unhas palabras a Siegfried Bing, coleccionista d’arte de finais do século XIX que impulsou sobre todo o procedente de Xapón e, dalgún modo, mecenas do modernismo a través da súa famosa galería parisiense Maison de l’Art Nouveau. O conhecín na exposición d’arte que quizais é a que máis gustoume de todas as que vin, sobre o Art Nouveau, no Caixaforum de Barcelona xa fai uns anos.

Tamén recordo que se me pasou pola cabeza a idea de facer unha entrada a modo de tema e variacións sobre Hamlet. Comezando pola obra de Shakespeare, temos a música de Shostakóvich para versión de teatro, tamén para versión de cine, para a obra de Grigori Kozintsev, magnífico filme, tamén temos a versión cinematográfica máis conhecida, a interpretada por Laurence Olivier, interpretacións libres de grupos de teatro independente, a adaptación libre feita por Álvaro Cunqueiro, O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, e as Ofelia’s, a pictórica de Millais e a cinematográfica de Chabrol, entre moitas outras, incluso sei que hai unha adaptación de Kurosawa. Pensando nisto. Podedes imaxinarvos un Hamlet por Orson Welles?, o Beethoven do cine, o director que mellor plasmou na pantalla o romántico Sturm and Drang (igual que Visconti é o Verdi do cine [ou máis ben Puccini?, polo de ser os mestres do melodrama]). Despois de ver filmes seus coma Citizen Kane, The Stranger, The lady from Shangai, The Magnificent Ambersons ou a Jane Eyre da que formou parte coma actor e na que seguro tivo unha grande influenza, convénzome  de que un Hamlet seu sería irresistíbel.

Por último quixera citar a tese doutoral “Casa, Familia y Comunidad en la Edad del Hierro del NW”, de Xurxo Ayán, que argumenta que a cultura castrexa, fundamento da actual Galiza, foi unha das máis avanzadas da Europa do seu tempo, isto é, da Idade de Ferro. Uns días despois d’escribir a primeira versión desta entrada publícase Atlantic Europe in the First Millennium BC: Crossing the divide, por Tom Moore e Xosé-Lois Armada, sobre a Idade de Ferro no eixe Atlántico. Máis información en Faro de Vigo. Enlazo finalmente unha curiosidade sobre as denominacións das chuvias en galego.

Advertisements

Etiquetas: , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: