Misión a China. Czartoryski-Golovkin-Potocki

Nos primeiros anos do século XIX Adam Jercy Czartoryski chegou a ter poderes de ministro de asuntos exteriores ruso para o tsar Alexandre I de Rusia. En parte, debido ó crecemento do Imperio Napoleónico en Europa, Czartoryski preparou unha misión a China co dobre obxectivo de expansión comercial e de conquistas asiáticas, vía acordos cos chinos.

O encargado desta misión diplomática sería o Conde Yuri Alexándrovich Golovkin. Por iso aparece nomeada como misión Golovkin, expedición Golovkin e/ou tamén embaixada Golovkin. Jan Potocki, o conde polaco e intelectual ilustrado autor d’O manuscrito atopado en Zaragoza, foi designado xefe da delegación científica desta embaixada, do que se decata en maio de 1805. En xunho dese ano parte a expedición.

Jan Potocki idea entón o seu sistema asiático, no que propón que non son conquistas o que Rusia necesita, senón unha maior influenza de cara a que os distintos gobernos colaboren en ter rutas máis seguras de saqueadores e sen obstáculos naturais insuperábeis para así poder desviar cara terra a maior parte do comercio con Asia (dende o Pacífico ata o mar Negro, considerando o comercio con China, con India e os pobos de Asia Central e coas conquistas rusas do Cáucaso) feito por vía marítima.

Tras un atraso sufrido como consecuencia dun desacordo entre Golovkin e os chinos sobre a cantidade de rusos autorizados a acompanhalo a Pekin, 0 30 de decembro de 1805 cruzan a fronteira entre Rusia e China (en Siberia). É xaneiro de 1806, están en Urga, actual Ulan Bator (Ulaanbaatar), en Mongolia, que naquela época inda non estaba independizada do imperio chino, dominado pola dinastía Qing (1644-1912), que mantinha o control de Mongolia tanto por medio de alianzas e matrimonios internos coma por medio dunha serie de medidas militares e económicas. O rei de Mongolia pide a Golovkin que se prostre ante el como deberá facer ante o emperador de China, pero este négase, xa que lle parece indigno do seu rango. Como consecuencia tenhen que dar volta cara a San Petersburgo e a misión resulta en fracaso. Potocki escribe entón a súa Mémoire sur l’ambassade en China, dirixida a Czartoryski, na que arremete contra o embaixador, amais de servir coma diario de viaxe, xunto ó resto de cartas que lle escribe durante toda a expedición.

Como encargado da delegación científica e coma ilustrado, Jan Potocki non só se preocupa polas rutas comercias con Asia, senón que súa curiosidade tamén se dirixe cara os pobos, o clima, o sol, a industria, a instrución, e a historia natural, e como escritor continúa traballando na súa grande novela da que xa tinha feito unha primeira versión de 1804. Entre os científicos que van xunto eles está o botánico ruso de orixe alemán Johann Friedrich Adam, tamén chamado (Johann) Michael Friedrich Adams, quen xunto con outros científicos que ían na embaixada, deciden permanecer en Siberia para continuar as súas investigacións. Como consecuencia encontran cerca do delta do río Lena o primeiro exemplar (case) completo de esqueleto da especie mamut primitivo, tamén chamado mamut laúdo (Mammuthus primigenius). Dende entón este exemplar é conhecido coma o mamut de Adams e consérvase preparado no Museo Zoolóxico do Instituto Zoolóxico da Academia Rusa de Ciencias, en San Petersburgo. Estes eruditos, que estaban baixo as ordes do escritor polaco, serán recompensados ó seu regreso, o que supuxo unha satisfacción para Potocki a pesares do fracaso da misión.

Advertisements

Etiquetas: ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: