Nápoles-Napoli-Nàpule-Neapolis (Cidade nova)

O nome no título, en galego-italiano-napolitano-grego. Fundada polos gregos no século VI pC, pasou a poder de Roma 3 séculos máis tarde. Enfronte ten a illa de Ischia (onde están as cinzas de Luchino Visconti, na súa vila persoal) e cerca Cumas, lugares onde os gregos eubeos xa se tinhan establecido. Ó lado está o volcán monte Vesuvio e as ruínas de Pompeia. No golfo de Nápoles encóntrase tamén a illa de Capri, onde está a Vila Iovis (Vila de Xúpiter; quizais en galego sería Vila Xovis?) que mandou construír o emperador romano Tiberio como residencia na que poder estar afastado de Roma.

A súa música tradicional resúmese nun estilo, a Tarantella. Un gran intérprete actual é Eugenio Bennato. Unha peza tradicional chámase “La Carpinese“. Un conto que inspiraría unha ópera homónima con música tradicional é “La gatta cenerentola” (“La gatta cennerentola” [en napolitano]). En cine a tarantella sería adaptada e popularizada por Nino Rota (filmes de Fellini, “The Godfather [I,II,III]” e máis … ).

Deixo dous audios de programas de radio (de RTVE) que recorren a revisión da música napolitana pola música culta e popular dende a antigüidade ata o século XXI.


Unha película cunha historia que se desenvolve na súa maior parte nas proximidades de Nápoles e que está rodada neses lugares é a xa comentada “Plein soleil“, coa música de Nino Rota. Tamén algunhas escenas de “Jason and the Argonauts” foron rodadas cerca de Nápoles, en Salerno e Paestum.

Pulcinella-Pulecenella. Carácter (máscara) da Commedia dell’Arte, xénero de comedia improvisada xurdido en Italia no século XVI. Pulcinella foi inventado en Nápoles, inda que non está claro por que actor. É famosa a súa adaptación (Neoclásica) para ballet por Igor Stravinsky. Na Comedia do Arte baséase o espectáculo de títeres inglés “Punch and Judy“, sendo Punch personaxe orixinado en Pulcinella, adaptándose o nome vía Punchinello. Volvendo a Fellini, recordamos tamén os espectáculos circenses de “La Strada“, e a caracterización nalgúns momentos de Gelsomina como personaxe à la “Commedia dell’Arte“. Na Commedia dell’Arte inspirouse a miúdo o libretista veneciano (a cidade do carnaval por excelencia) Carlo Goldoni, dando lugar ós xéneros operísticos de influenza napolitana chamados dramma giocoso per musica e opera buffa (ou commedia per musica), nos que destacan as creacións de Mozart (inda que tamén as de Rossini) coma Don Giovanni, Le nozze di Figaro ou Così fan tutte (sempre con libretos de Lorenzo da Ponte).

A República Napolitana. Eleonora de Fonseca Pimentel e Joachim Murat. Trala Revolución francesa e en plena expansión das ideas da Ilustración, en Nápoles tamén hai unha revolución. Eleonora, de familia portuguesa, devén nun símbolo na loita pola República, tras inspirarse notablemente nos ideais do pensador ilustrado napolitano Gaetano Filangieri. Mantivo unha ampla correspondencia con Pietro Metastasio outro importante libretista italiano. Joachim Murat, francés, foi rei de Nápoles nomeado polo seu cunhado o emperador Napoleón Bonaparte. Dous filmes (italianos) moi fermosos para mirar acerca destes períodos históricos (finais do século XVIII e principios do XIX) e destes personaxes son “Il resto di niente” (Antonieta de Lillo, 2004), baseado na novela homónima de Enzo Striano, e que parece que globalmente respecta bastante os feitos históricos entorno a Eleonora, e “Fuoco su di me” (Lamberto Lambertini, 2006) acerca de Joachim Murat, que lle asigna un papel de loita pola independeza de Nápoles e polo seu pobo, enfronte dos imperialismos británico, austríaco e francés, que semella que na realidade non foi exactamente así. Nestes filmes tamén encontramos referencias a Pulcinella.

Advertisements

Etiquetas: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: