Barry Lyndon

Acabo de mirar esta longametraxe. Primeiro de todo declárome anti-Kubrick. Os seus filmes, polo xeral non me gustan, pola forma en que están feitos, polo ritmo, pola estética e seguramente por moitas razóns máis que non son capaz de albiscar. En parte, dáme a impresión que os seus filmes son unha especie de Hollywood clásico canónico, dito doutra maneira, a evolución máis natural do cine clásico de Hollywood levada á máxima expresión, sen cambios bruscos. Kubrick non pertence as novas ondas de directores, como a dos 70, os Spielberg, Scorsese, Coppola, de Palma, Lucas, etc., Kubrick é un director do cine clásico de antes, que entre outras cousas é un cine de xénero, pero en cor e empregando todas as posibilidades que a técnica lle permitía. En palabras do escritor Vicente Molina Foix, quen traballou con el, “Kubrick […] ha querido hacer películas que, en cada uno de los terrenos o géneros que él elegía fueran el no va más de ese género”. E eu prefiro o cine europeo e o xaponés dunha determinada época entre doutros ó cine de Hollywood, salvo, quizais, no xénero da comedia. Precisamente, se tenho unha boa opinión de Dr. Strangelove, é como comedia, amais de pola superba tripla interpretación de Peter Sellers.

Digo tamén que unha vez anterior na que vin un fragmento de Barry Lyndon deixeina de ver por aburrimento. Pero agora decátome, tras mirala enteira, que sucédeme como cas sinfonías de Mahler, Bruckner, Shostakóvich ou cas películas de Godard. Son obras que se non son seguidas de principio a fin é máis difícil gozalas.

Por outra parte, enfronte do prexuízo que tenho fronte a Kubrick de non gustarme o seu estilo, xunto coa relativamente mala sensación que me deixara Barry Lyndon, este filme poderíase encadrar nun subxénero literario que continúa no cine do xénero de aventuras. Obras como Os viaxes de Gulliver de Jonathan Swift, Tristram Shandy de Laurence Sterne, Secuestrado. As aventuras de David Balfour de Robert Louis Stevenson, David Copperfield de Charles Dickens ou o filme Black Jack de Ken Loach, que son d’aventuras, pero que o mesmo tempo céntranse neses personaxes principais con vidas tráxicas e nuns mundos moi particulares, que son relatos d’aventuras británicas inda que fantásticas a veces como no caso de Liliput, non son aventuras que poderíamos situar noutros lugares como as obras de Xulio Verne ou Jack London ou Rudyard Kipling.E isto é unha vantaxe xa que este tipo de historias gústanme bastante.

En fin, o que quería comentar e que mirándoa enteira gustoume, e amais deixoume unha sensación particular. Recordoume a esa idea de Carl Gustav Jung dos arquetipos colectivos, como xa fixera a obra libro/filme O senhor dos aneis, inda que no caso da película de Kubrick moito máis. No caso da obra de Tolkien/Jackson débese a que eu xa tinha na mente a idea do anel de poder, como si xa mirara outra versión cinematográfica antiga desa obra (que inda que existen, non recordo ter mirado ningunha antes da de Peter Jackson), ou coma se fose unha idea preconcibida e mitolóxica que sería o máis normal do mundo mental inconsciente. Aproveito para dicir que non creo nos “déjà vu”, que se pensamos que algo pasounos antes pola cabeza é que é así, inda que pasara en forma de sonho, ou que aflorara dun inconsciente no que sempre estivera. Volvendo a Barry Lyndon, este filme conta unha historia que creo que xa a tinha na mente. Nen lera o libro no que se basea nen mirara a película (o que mirara era un pedazo de menos de 2 minutos). Quizais as obras do mesmo subxénero que antes mencionei podería ter bastantes coincidencias con esta, pero inda así eran historias distintas, e a minha impresión é que eu xa conhecía a vida de Barry Lyndon, xa ma contaran, ou xa a vivira? Podería ser que Kubrick fose canónico ata o extremo de facer filmes sobre historias que todos temos na mente, arquetípicas, sobre a ameaza do fin do mundo, a liberación da violencia interior, o hieros gamos, etc., pero estase baseando nun libro. Non sei.

Quero recalcar finalmente a fermosa banda sonora empregada, recordando especialmente a zarabanda de Händel, o trío de Schubert e a peza tradicional Women of Ireland. Unha lista máis completa aparece na web http://www.imdb.com/title/tt0072684/soundtrack. Por certo, unha das pezas musicais que soan, o Lillibullero ou Lilliburlero, aparece tamén no libro antes mencionado Tristram Shandy.

Advertisements

Etiquetas: ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: