Archive for Marzo 2012

J Godard, L Godard, G Godard

Marzo 31, 2012

http://cinemagodardcinema.wordpress.com/

http://cri-image.univ-paris1.fr/celine/celinegodard.html

http://rayuela-digital.blogspot.com.es/2012/06/jean-luc-godard-film-socialisme.html

http://www.intermedio.net/web/index.html (algúns dos filmes máis importantes de Godard están distribuidos en España por Intermedio, que amais ten editado algún libro do autor; no seu blog tamén hai posts sobre o director francés como este)

Jean-Luc Godard entrevistado por Serge Daney en 1980.

http://www.acuartaparede.com/godard-explicado-os-apaticos/

http://www.acuartaparede.com/a-critica-logra-que-os-filmes-deixen-pegada/

Godardloop: Visual Motifs in the Films of Jean-Luc Godard.

Jean-Luc Godard, sur les droits d’auteurs.

Jean-Luc Godard’s Eric Rohmer tribute – 2010

Advertisements

Sobre Proust e Montaigne

Marzo 26, 2012

Unha das obras que sempre quixen ler dende que a coñezo é À la recherche du temps perdu, obra fundamental da literatura occidental e sobre todo, da literatura moderna, xunto coas grandes obras de Thomas Mann e James Joyce, de comezos do século XX. Por outra banda, ultimamente non fago máis que decatarme de que outro libro fundamental, quizais a maior obra da literatura francesa, son os Ensaios de Montaigne. Loada entre outros por Nietzsche (o que non é pouco dicir), e tamén por Orson Welles, Josep Pla e moitos máis, poderíase entender que representa unha volta o clasicismo e unha morte da forma de pensar medieval, sendo un exponhente maximal do humanismo renacentista. (more…)

Falece Tonino Guerra

Marzo 21, 2012

Un dos guionistas italianos fundamentais da historia do cine, colaborando entre doutros cos italianos Federico Fellini, Luchino Visconti, os irmáns Taviani, Vittorio de Sica, Marco Bellocchio, Giuseppe de Santis, Francesco Rosi e sobre todo traballando en tódolos filmes importantes de Antonioni, mais tamén con directores estranxeiros coma Theo Angelopoulos ou Andrei Tarkovski. Morreu hoxe na provincia italiana de Rimini os 92 anos de idade. Outro mito que vai ocupar o seu lugar no Olimpo do cine como arte.

Film Socialisme

Marzo 19, 2012

Escribía nun post anterior acerca da experimentación no cine, na que entre outras destacan figuras como Fellini e Resnais. Pero tenho que volver a remarcar que Godard é o máis avanzado de todos. Non sei se no caso de que Fellini vivira, lograría uns filmes tan rompedores e innovadores coma os do francés. Dende logo, a experimentación de Resnais ante a que me mostraba sorprendido non é comparábel á de Godard, estrelecente, brillante, constante, sendo este un rompedor con respecto a si mesmo, reinventándose sine die. A súa última obra, Film Socialisme, é unha explosión de inventiva visual e sonora na que se aproveita do montaxe. (more…)

Un comentario sobre a crise

Marzo 17, 2012

O outro día fixábame nunha pintada na universidade que rezaba a seguinte afirmación: Isto non é crise, chámase capitalismo (“Això no és crisi, se’n diu capitalisme“). Esta é a máxima tópica dun defensor dalgunha ideoloxía contraria coma soen ser comunismo e anarquismo. Libremente destes ámbitos, penso que non é totalmente certo o dito. (more…)

Fausto, unha viaxe pola cultura de Europa

Marzo 13, 2012

Un silencio insólito se impuso; ese  silencio tenso que acompaña a la contemplación de lo prohibido.

La verdad sobre el caso Savolta, Eduardo Mendoza

Estou a falar do novo filme de Alexander Sokurov, Fausto, que  culmina a tetraloxía do director entorno ó poder (e a corrupción á que leva) e que tivera como protagonistas anteriores a Lenin, Hitler e o emperador xaponés Hirohito. Un filme que como xa fixera a obra cinematográfica máis importante sobre esta lenda, a de Murnau, ten un impactante poderío visual, o que xunto a unha coidada ambientación demostran un gran traballo de posta en escena. Os diálogos son brillantes, intelixentes, e o ritmo da película é digno dun Orson Welles (more…)

Día tras día. 16-Ventôse, ano CCXX, Épinard

Marzo 6, 2012

Día da espinaca ou Spinacia oleracea. Pola súa fama, non comentarei nada acerca dela.

Unhas palabras acerca dun fermoso nome francés, en realidade bretón, a súa orixe, e posíbeis relacións con outro nome celta. Os nomes franceses/bretóns Gaëlle e Gaël tenhen a súa orixe no bretón Gwenaël (http://www.behindthename.com/name/gae12lle/tree) que sería o resultado da composición das palabras gwenn con hael. Gwenn significa entre outras cousas branco (tamén limpo, puro ou bendito, tendo un significado similar ó que representaba a deusa grega Artemisa). Por un lado é asombroso o parecido do nome orixinal co da principal lingua actual herdeira das linguas celtas (coma o bretón), o gaélico, e por tanto coa denominación latina dos celtas, os galos. Por outro lado, branco, palabra galega, idioma influenzado polas linguas celtas, comeza por bran, sufixo importante nestas linguas. Pero bran significa corvo en gaélico e celta. Ven do deus Bran o Bendito (recordo que gwenn quería dicir isto entre outros significados posíbeis), deus da profecía, da saúde, das artes, do sol, da música, etc., cun certo (bastante) parecido ó Apolo grego. (http://www.joellessacredgrove.com/Celtic/deitiesb.html)

Entón, igual que Apolo e Artemisa son irmáns xemelos, os celtas Bran e Gwenaëlle tamén estarían conectados entre sí por medio do branco. Da isto pé a un certo paralelismo entre as relixións grega e celta na liña das teorías de Robert Graves, pero aclaro que eu limítome a xogar libremente coa linguaxe, non a xustificar polémicas e dificilmente sostíbeis teorías.

Día tras día. 14-Ventôse, ano CCXX, Vélar. Varios II

Marzo 4, 2012

O “Vélar” ou Erysinum é un xénero de plantas orixinarias do sudoeste de Asia, a rexión Mediterránea, Macaronesia e América do Norte. Pertence á familia das Brassicaceae, igual co xénero Cheiranthus, ó que pertencen os alelíes.

Á mesma familia pertence tamén o xénero Isatis, e en particular a Isatis tinctoria, conhecida tamén como glasto ou herba pastel, planta usada dende antigo para extraer unha tinguidura azul que os celtas usaban supostamente pare facerse tatuaxes. Outra planta conhecida xa na Antigüidade Clásica era o acónito, que pode facer referencia ó xenero de plantas deste nome (Aconitum), ou á máis conhecida do arredor de 250 especias que o conforman, o acónito común (Aconitum napellus) ou mata-lobos. Hai distintas teorías sobre a orixe do nome “acónito”. É unha planta velenosa, xa que contén un potente alcaloide que como todo produto deste tipo tamén foi usado con fins medicinais. Segundo Ovidio (Metamorfoses), foi con isto co que Medea intentou envelenar a Teseo cando este chegou o pazo do seu pai Exeo, no mito grego.

Quería escribir tamén un pouco acerca de quen creo que son os grandes expoñentes historicamente do cine experimental, entendendo por elo unha certa subcorrente da modernidade no cine. Obviamente Jean-Luc Godard, que é o director co que máis me identifico, polo tipo de innovacións que leva a cabo e os obxectivos formais que se fixa. Creo que é o maior exponhente disto xa que, amais de que case sempre experimentou (sempre, nos filmes que eu mirei), tamén teorizou moito. Non pode faltar o meu favorito, Ingmar Bergman, que inda que eu o valoro máis por películas en certo modo máis clásicas, sempre foi un grande innovador, por exemplo co seu filme “Persona”. Por suposto, ten que estar o Godard italiano, Federico Fellini, cun cine no medio da experimentación e a provocación; e o Fellini espanhol, Luis Buñuel con obras mestras coma os dous filmes surrealistas feitos en colaboración con Salvador Dalí. Faltan moitos, como poderían ser Manuel de Oliveira, Raúl Ruíz, e varios cineastas italianos e franceses dos anos 50, e posteriores décadas, pero inda que cineastas innovadores e que se enmarcarían na modernidade cinematográfica, non sei se tanto na experimentación constante do primeiros. Pero quería centrarme nun director que inda que normalmente se inclúe na Nouvelle Vague, non pertence estritamente ó grupo, xa que non era crítico de “Cahiers du cinéma“, pero si que ten principios cinematográficos afíns a este grupo, Alain Resnais. Quizais o maior experimentador xunto con Godard ou tras el. Dende a poesía cinematográfica na que consiste Hiroshima mon amour, sempre fixo experimentos, un tras doutro, coma poden ser L’Année dernière à Marienbad, Smoking/No smoking e tamén Coeurs, que poderíamos dicir que substitúen o ritmo dos filmes de Godard por unha certa beleza e emoción. Penso eu que inda que as súas innovacións son globais e pensadas en tódolos aspectos dos seus filmes, Godard céntrase máis nos aspectos formais e estruturais dos seus filmes, na manipulación na sala de montaxe e nos aspectos técnicos, e Resnais, pensa máis na manipulación na historia en si mesma, no guión e nas interpretacións. (more…)