Día tras día. 14-Ventôse, ano CCXX, Vélar. Varios II

O “Vélar” ou Erysinum é un xénero de plantas orixinarias do sudoeste de Asia, a rexión Mediterránea, Macaronesia e América do Norte. Pertence á familia das Brassicaceae, igual co xénero Cheiranthus, ó que pertencen os alelíes.

Á mesma familia pertence tamén o xénero Isatis, e en particular a Isatis tinctoria, conhecida tamén como glasto ou herba pastel, planta usada dende antigo para extraer unha tinguidura azul que os celtas usaban supostamente pare facerse tatuaxes. Outra planta conhecida xa na Antigüidade Clásica era o acónito, que pode facer referencia ó xenero de plantas deste nome (Aconitum), ou á máis conhecida do arredor de 250 especias que o conforman, o acónito común (Aconitum napellus) ou mata-lobos. Hai distintas teorías sobre a orixe do nome “acónito”. É unha planta velenosa, xa que contén un potente alcaloide que como todo produto deste tipo tamén foi usado con fins medicinais. Segundo Ovidio (Metamorfoses), foi con isto co que Medea intentou envelenar a Teseo cando este chegou o pazo do seu pai Exeo, no mito grego.

Quería escribir tamén un pouco acerca de quen creo que son os grandes expoñentes historicamente do cine experimental, entendendo por elo unha certa subcorrente da modernidade no cine. Obviamente Jean-Luc Godard, que é o director co que máis me identifico, polo tipo de innovacións que leva a cabo e os obxectivos formais que se fixa. Creo que é o maior exponhente disto xa que, amais de que case sempre experimentou (sempre, nos filmes que eu mirei), tamén teorizou moito. Non pode faltar o meu favorito, Ingmar Bergman, que inda que eu o valoro máis por películas en certo modo máis clásicas, sempre foi un grande innovador, por exemplo co seu filme “Persona”. Por suposto, ten que estar o Godard italiano, Federico Fellini, cun cine no medio da experimentación e a provocación; e o Fellini espanhol, Luis Buñuel con obras mestras coma os dous filmes surrealistas feitos en colaboración con Salvador Dalí. Faltan moitos, como poderían ser Manuel de Oliveira, Raúl Ruíz, e varios cineastas italianos e franceses dos anos 50, e posteriores décadas, pero inda que cineastas innovadores e que se enmarcarían na modernidade cinematográfica, non sei se tanto na experimentación constante do primeiros. Pero quería centrarme nun director que inda que normalmente se inclúe na Nouvelle Vague, non pertence estritamente ó grupo, xa que non era crítico de “Cahiers du cinéma“, pero si que ten principios cinematográficos afíns a este grupo, Alain Resnais. Quizais o maior experimentador xunto con Godard ou tras el. Dende a poesía cinematográfica na que consiste Hiroshima mon amour, sempre fixo experimentos, un tras doutro, coma poden ser L’Année dernière à Marienbad, Smoking/No smoking e tamén Coeurs, que poderíamos dicir que substitúen o ritmo dos filmes de Godard por unha certa beleza e emoción. Penso eu que inda que as súas innovacións son globais e pensadas en tódolos aspectos dos seus filmes, Godard céntrase máis nos aspectos formais e estruturais dos seus filmes, na manipulación na sala de montaxe e nos aspectos técnicos, e Resnais, pensa máis na manipulación na historia en si mesma, no guión e nas interpretacións.

Por último, quería comentar unha ocorrencia que tiven o outro día pola noite nun viaxe en tren ó longo do norte de España. Unha ocorrencia sobre as tres Españas no sentido máis tradicional. Que son esas 3 Españas? Unha, a España onde están as bases territoriais e culturais da actual, a do Norte, dende Asturias, onde comeza a Reconquista, ata La Rioja, cuna do idioma espanhol. Dúas, a Espanha que hoxe goberna, a de Madrid como capital, e tamén a de Toledo como capital, a España tradicionalista e católica, a do PP e de Franco, e a dos Reis Católicos, pero tamén unha España de chotis e zarzuela, e tamén de copla, unha España cunha cultura de orixe central, dende Burgos ata Ciudad Real pasando por Toledo, e dende Ciudad Rodrigo ata Cuenca pasando por Salamanca e a súa universidade, a de Unamuno. Estas dúas primeiras Españas tenhen uns certos lugares en común, como Burgos e Soria, unha España celtibera, a das defensas numantinas, e visigótica, por contra a Gallaecia, territorio no que primeiro desenvolvéronse as culturas castrexas, logo foi invadido por tribos puramente celtas, e máis tarde polos suevos. E tres, finalmente a España que hoxe se entende como pobre, a de Extremadura e Andalucía, unha España máis do pobo, máis de esquerdas, que por un lado ten unha clara influenza islámica, é a España de Al-Andalus, a reconquistada, e por iso, a que nun tempo tamén foi máis avanzada culturalmente, como consecuencia da convivencia entre cristiáns, xudeus e musulmáns, que tamén inclúe Toledo, pero tamén é a España de Córdoba e de Granada; amais, é a España que no século XIX popularizarían os románticos coma Becker, a España que quedaría como imaxe de todo o país para o estranxeiro, a do flamenco e sevillanas, e a dos touros, e tamén, complementariamente ou por contra, a España de García Lorca e o Romanceiro Xitano. Pregúntome, poderíase identificar a segunda España coa da Xeración do 98, e a terceira coa Xeración do 27?

Advertisements

Etiquetas: , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: