Un comentario sobre a crise

O outro día fixábame nunha pintada na universidade que rezaba a seguinte afirmación: Isto non é crise, chámase capitalismo (“Això no és crisi, se’n diu capitalisme“). Esta é a máxima tópica dun defensor dalgunha ideoloxía contraria coma soen ser comunismo e anarquismo. Libremente destes ámbitos, penso que non é totalmente certo o dito. O capitalismo, teorizado por Adam Smith, xorde de maneira natural dende o momento en que hai un intercambio e unha moeda, e por tanto un comercio. Non encontro que por natureza sexa malo (en ningún sentido). O que pasa que ten uns determinados problemas internos, que son os que explica Marx na que eu creo que é a súa obra máis importante, “Das Kapital“. Como todo organismo vivo, o capitalismo foi evolucionando intentando solventar eses problemas co obxectivo de non desaparecer, chegando ó maior tremor interno trala crise do 29, coas teorías de Keynes. Decatáronse de que un certo intervencionismo estatal era necesario.

Agora atopámonos cunha nova crise. Falla o sistema capitalista en si mesmo? Pode ser que siga habendo problemas, seguro que é así, e un dos cales creo eu que pode ser a medida do intervencionismo estatal. Ten que intervir máis, menos, ou en cousas diferentes? Non o sei, pero paréceme unha pregunta que se deberían facer tódolos implicados. Tamén deberíanse impor mecanismos reguladores de control da riqueza, como son os impostos, pois a falta destes é a primeira causa das diferencias entre ricos e pobres.. Pero por outra banda, os verdadeiros causantes da crise son problemas que aparentan ser do capitalismo pero que son máis ben coma parasitos deste, é dicir, son externos ó sistema.

  • En primeiro lugar situaría a corrupción: o desvío de fondos, o enriquecemento ilegal ou ilícito , o fraude fiscal e os demais métodos empregados. A cantidade de cartos que aquí “desaparece” é demasiado importante.
  • En segundo lugar, un problema vinculado co que xa mencionei antes respecto ó intervencionismo estatal. A inversión. Este, é un problema máis ben dalgúns países concretos coma poden ser España, Portugal, Italia e quizais Grecia. Unha inversión errónea e ata, en certo modo, corrupta. Unha inversión desproporcionada en deportes (e en xeral a pantagruélica cantidade de cartos que se move nese ámbito) e defensa, unha perdida de cartos en inversións inútiles, moi afastadas da realidade, e por outra parte unha falta de inversión tanto en I+D+I ou I+D e en cultura. A cultura está directamente relacionada coa economía neste aspecto. O novo opio do pobo, a telebasura, e por extensión certo tipo de prensa, non soamente a amarela/rosa, senón tamén algúns programas de entretemento que carecen d’interese, aparecen demasiado na televisión, incluída a pública, o cal quere dicir que se está a tirar cos cartos (literalmente). E evidentemente, hai un problema coa educación, onde parece que en vez d’intentar mellorar os plans d’estudos, queiran face-lo contrario.
  • En terceiro lugar, outro problema global; a calidade de vida da sociedade do benestar levou a que a clase media se comportara como unha nova clase rica, cunha cultura do gasto/aforro descontrolada e irracional, con gastos desproporcionados, compras viciadas, etc. E de súpeto, boom!, moitos quedáronse sen nada. Recordemos a fábula da cigarra e a formiga, sabedoría clásica e eterna.
  • En cuarto lugar, as malas prácticas d’empresas de tirar con superávit ou de desfacerse de produtos que simplemente non lles interesaba que estivesen no mercado. En realidade, é esta unha variante máis de corrupción ilícita non ilegal e en moitos casos ata de control autoritario por parte do sistema. O que antes falaba da cultura e do opio do pobo. Malas prácticas que son prácticas bárbaras.
Advertisements

Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: