Film Socialisme

Escribía nun post anterior acerca da experimentación no cine, na que entre outras destacan figuras como Fellini e Resnais. Pero tenho que volver a remarcar que Godard é o máis avanzado de todos. Non sei se no caso de que Fellini vivira, lograría uns filmes tan rompedores e innovadores coma os do francés. Dende logo, a experimentación de Resnais ante a que me mostraba sorprendido non é comparábel á de Godard, estrelecente, brillante, constante, sendo este un rompedor con respecto a si mesmo, reinventándose sine die. A súa última obra, Film Socialisme, é unha explosión de inventiva visual e sonora na que se aproveita do montaxe. Esaxeradamente e salvaxemente experimentador, pero cunha delicadeza coma se dun fillo nacido recente se tratara. Se A Odisea de Homero fose un documental, se Cortázar escribise o guión e dirixise unha película ó modo de Rayuela, ou se fose Borges en vez de Cortázar, ou algún membro de Oulipo, coma Raymond Queneau, se A Decadencia de Occidente de Oswald Spengler fose un libro no que se inspirase unha película máis luminosa, poderíamos obter un filme coma este, unha radiografía etnolóxica e etnográfica da Europa do século XXI, un filme tráxico á maneira dos antigos gregos, unha experiencia estética, unha reflexión humanística sobre nós, sobre todos, sobre o eu de cada un como parte dunha civilización, na que está Nietzsche, e tamén Wittgenstein, con ese “do que non se pode falar hai que calar”. Un filme que é unha fábula sobre a incomunicación (como, en parte, xa podía ser considerado Amarcord, de Fellini, inda que centrándose máis noutros aspectos e cun ton satírico) na era da globalización e do capitalismo máis corrupto.

Este é un nimio comentario ante a magnificencia de obra, enorme como para ser capaz de captar tódolos puntos de vista deste diamante poliédrico e deformado coma se dunha obra de Escher se tratase, ou como para recordar as ideas que me ía suxerindo mentres a miraba.

É así o filme unha viaxe inconmensurábel dende a Europa moderna ata as súas orixes, os berces da civilización occidental e as súas modernidades, unha viaxe pola historia da memoria e do esquecemento, unha epopea como a Odisea, marítima e Mediterránea, polas preguntas eternas, quen somos?, de onde vimos?, onde vamos?, ó mesmo tempo que é unha obra de arte que soamente alguén como Godard podía atreverse a facer, innovando, rompendo o que xa está destruído en 1000 pedazos, instaurando unha nova arte, titánica ela, forte, destrutiva e construtiva, fulxente e impactante.

Encontraredes máis en explication through the trailer

Advertisements

Etiquetas: , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: