Sobre Proust e Montaigne

Unha das obras que sempre quixen ler dende que a coñezo é À la recherche du temps perdu, obra fundamental da literatura occidental e sobre todo, da literatura moderna, xunto coas grandes obras de Thomas Mann e James Joyce, de comezos do século XX. Por outra banda, ultimamente non fago máis que decatarme de que outro libro fundamental, quizais a maior obra da literatura francesa, son os Ensaios de Montaigne. Loada entre outros por Nietzsche (o que non é pouco dicir), e tamén por Orson Welles, Josep Pla e moitos máis, poderíase entender que representa unha volta o clasicismo e unha morte da forma de pensar medieval, sendo un exponhente maximal do humanismo renacentista.

Encóntrome entón con que tenho que ler estas obras, e co infortunio de non saber francés. Polo tanto, debo escoller traducións das mesmas. É aquí o problema. Ámbalas dúas obras están multi-editadas en castelán (hai traducións completas ó galego?), e non é difícil encontrar na rede comparacións das distintas traducións. A conclusión que un saca lendo os comentarios e comprobando algúns exemplos é que non hai nin unha tradución mellor cas outras nin unha tradución boa, de calidade, fiábel. Por exemplo, penso nalgunhas das versións máis recentes: as de Carlos Manzano (Lumen) e Mauro Armiño (Valdemar) (amais da de Estela Canto [Losada]) para a obra de Proust, e as de Jordi Bayod (Acantilado) e de Dolores Picazo e Almudena Montojo (Cátedra) (amais da de Marie-José Lemarchand [Gredos], inda que esta creo que está incompleta). Para os dous libros hai tamén unha tradución clásica, as de Pedro Salinas e Constantino Román y Salamero respectivamente. E amais, no caso dos Ensaios hai un problema engadido. Hai dúas versións, a de Burdeos, completada en 1588, e a edición de 1595 de Marie de Gournay. Cal é mellor? Non sei. As dúas tenhen as súas vantaxes e inconvenientes. A favor da edición de Burdeos, que sabemos que é propiamente de Montaigne, a diferencia da outra, que está preparada por Marie de Gournay, e da que non podemos estar seguros dunha absoluta fidelidade. A favor da segunda é que se inclúen as notas engadidas ó manuscrito(?) de 1588 por Montaigne, e tamén que é a versión que foi lida ata comezos do século XX, cando uns estudosos, decidiron que era máis fiábel a de Burdeos. Fin de século e cambio de principios.

Así que, ó final, a única conclusión que se pode extraer do dito é que hai que estudar francés, aprender a ler no idioma galo como sexa e gozar dos orixinais, e no caso de Montaigne das dúas versións. E senón, buscade, comparade e escollede a que mellor impresión vos cause. Por agora, ata aquí esta reflexión.

Advertisements

Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: