Archive for Abril 2012

A posmodernidade no arte e noutras experiencias do día tras día

Abril 28, 2012

A moitos non lles gusta que se diga que o seguinte é arte:

Traballo 1092, de neón branco e aceiro, “MOTHERS”, Martin Creed

ou as seguintes imaxes da mesma obra

‘An Interpretation of This Title’ Nietzsche, Darwin and the Paradox of Content – Joseph Kosuth, at the Talbot Rice Gallery, The University of Edinburgh (2009)


E xa non falo do polémico Damien Hirst. Fai pouco manifestaba eu a seguinte reflexión: Quizais o que sucede é que xa non nos encontramos ante algo que é puramente arte, senón que serían máis ben exercicios de reflexión (ou ensaios) recreados cun certo anhelo estético, na senda que segue a que xa abriran Platon e Nietzsche cando intentaron que as súas obras filosóficas superaran o estadio do intelectual creando obras literarias, mirando sempre cara a estética, nunha busca da beleza escrita. Neste caso a senda seguida iría en sentido oposto, pero para chegar ó mesmo lugar.

Por outra banda, ninguén se escandaliza de que se lle chame libro a un arquivo cargado nun ebook, ou ó mesmo ebook. O primeiro o entendo, se consideramos que un libro é a obra en abstracto e que por tanto non podemos asociar ó formato no que vai escrita. En termos aristotélicos, é a idea mais non a forma o que importa. Pero o que non podo crer é a banalización do termo cando alguén di que está lendo un libro e está cun aparato deses nas mans. Acaso diría alguén que un cómic é un libro? E sen embargo tamén é unha creación literaria. Amais, non creo que os lectores de ebooks sexan os mesmos que eran/son maiores lectores de libros.

Discútese ultimamente que é cultura debido ó derradeiro libro de Vargas Llosa. Parece ser (non o lín) que este bota as culpas a filósofos coma Foucault, Deleuze e Derrida. Non creo que isto debera ser así. A vulgarización das ideas non a fan os filósofos senón a sociedade, en tanto que sociedade de consumo, mercados e cunha escasa capacidade de valoración estética-ética. El fala da desaparición da cultura. Non creo que sexa así, inda que si estou dacordo ca visión que tenhen algúns intelectuais cunha certa decadencia das humanidades, o que xa ven de lonxe, e con ese punto crítico que hai que aportar, xa que non hai autocrítica por parte dos outros, respecto a Internet e os mundos que din 2.0 e 3.0 etc.

Advertisements

Sen título

Abril 22, 2012


Esta obra parece unha estrutura matemática chamada edificio de Bruhat-Tits. Sinestesicamente podemos asociala con música. Por exemplo, por asociación de eSe Acua, coa seguinte:

No fondo o racional non é máis cunha representación posíbel do irracional, e o artista é quen máis puramente fai unha representación xa que posúe o dominio da vontade.

Sobre a relación do autor coa ciencia pódese ler (en espanhol) http://elpais.com/diario/2003/03/10/catalunya/1047262054_850215.html

Ovidio entre os escitas

Abril 21, 2012


“É o infinito no finito. É un sonho”, Charles Baudelaire

Himiko, de Masahiro Shinoda (1974)

Abril 14, 2012

A verdade é que non sei por onde comezar.

  • Podería dicir que non entendín o final do filme, inda que parece ser que está feito coa intención de que a mensaxe transmitida é atemporal, que o que sucedía fai dous milenios segue estando de plena actualidade.
  • Tamén pódeselle botar unha ollada ó compositor da música, o mestre Toru Takemitsu, o compositor xaponés de maior relevancia internacional.

Pero creo que debo destacar que non podo escribir acerca de Himiko e deixar de facelo de (more…)

AZAWAD, ESTADO INDEPENDENTE XA!

Abril 6, 2012

Liberdade para o territorio tuareg.

http://www.mnlamov.net/component/content/article/169-declaration-dindependance-de-lazawad.html

Tamén declaro, que igual que defendo a liberdade para o territorio tuareg, estou en contra da intromisión islámica no mesmo e de que haxa vía libre para islamismo radical nalgunha das súas formas varias, como a xaría (lei islámica) ou o terrorismo (en forma de práctica [raptos, atentados, etc.] ou de adestramentos).