Himiko, de Masahiro Shinoda (1974)

A verdade é que non sei por onde comezar.

  • Podería dicir que non entendín o final do filme, inda que parece ser que está feito coa intención de que a mensaxe transmitida é atemporal, que o que sucedía fai dous milenios segue estando de plena actualidade.
  • Tamén pódeselle botar unha ollada ó compositor da música, o mestre Toru Takemitsu, o compositor xaponés de maior relevancia internacional.

Pero creo que debo destacar que non podo escribir acerca de Himiko e deixar de facelo de Werner Herzog, pois hai unha serie de características do filme que fixeron que relacionase ambos nomes. Por unha banda, o ritmo, pausado mais non lento; por outra, a estética, por momentos, de carácter documental, como tamén sucede nalgunhas ficcións do xermano, por exemplo no seu Nosferatu, contribuíndo quizais a esta comparación as cores empregadas; finalmente, e paralelamente ás dúas mencións anteriores, un ton que me recordaba a Aguirre, de desesperación e delirio, nuns e/ou noutros personaxes, salvando as diferenzas entre unha lenda xaponesa relatada por un director nativo fronte a unha historia lendaria espanhola narrada por un xermano.

Tornando á música, que a miúdo participaba nun certo carácter onírico da película, pódese facer un paralelismo coa composición de Penderecki para a onírica e hipnótica O manuscrito atopado en Zaragoza, non soamente pola música en si, senón que tamén pola participación nesa calidade de ámbolos dous filmes. Tamén ó onírico da película nipoa axudaba a danza butoh, grazas á colaboración de Tatsumi Hijikata, un dos creadores de esta técnica coreográfica xunto a Kazuo Ohno. E isto nos leva a Pina Bausch moi amiga e influenciada  por este último. E isto reconhecíase no filme, certos movementos de danza característicos das producións da coreógrafa xermana, a quen eu descubrín grazas ó superbo filme de Wim Wenders, Pina. Casualidade ou non, recordo que Wim Wenders pertence ó mesmo movemento cinematográfico que Werner Herzog, o Novo Cinema Xermano.

E por último, que recorde, pero non de menos importancia, outro filme que fai falla nomear é Tabu, de Murnau. Himiko comparte co tal a temática sobre o sagrado, o sacrílego e o prohibido. Mentres no primeiro, os membros de diferentes colectivos relixiosos dispútanse á protagonista (máis ou menos), na que estamos a comentar son as mulleres, que representan ós distintos grupos, as que loitan por atraer cara a si, e por tanto cara as súas crenzas, ó mesmo home. Dúas loitas de relixión, co amor entremedias, e con sacerdotes que dirixen algún dos colectivos, no caso de Himiko, Nashime, esa especie de adaptación de Rasputin. E iso, o sacrílego e o prohibido sobre o sagrado, vermello sobre branco, a sangue do sacrificio.

Advertisements

Etiquetas: ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: