A moitos non lles gusta que se diga que o seguinte é arte:
.jpg)
Traballo 1092, de neón branco e aceiro, “MOTHERS”, Martin Creed
ou as seguintes imaxes da mesma obra

‘An Interpretation of This Title’ Nietzsche, Darwin and the Paradox of Content – Joseph Kosuth, at the Talbot Rice Gallery, The University of Edinburgh (2009)
E xa non falo do polémico Damien Hirst. Fai pouco manifestaba eu a seguinte reflexión: Quizais o que sucede é que xa non nos encontramos ante algo que é puramente arte, senón que serían máis ben exercicios de reflexión (ou ensaios) recreados cun certo anhelo estético, na senda que segue a que xa abriran Platon e Nietzsche cando intentaron que as súas obras filosóficas superaran o estadio do intelectual creando obras literarias, mirando sempre cara a estética, nunha busca da beleza escrita. Neste caso a senda seguida iría en sentido oposto, pero para chegar ó mesmo lugar.
Por outra banda, ninguén se escandaliza de que se lle chame libro a un arquivo cargado nun ebook, ou ó mesmo ebook. O primeiro o entendo, se consideramos que un libro é a obra en abstracto e que por tanto non podemos asociar ó formato no que vai escrita. En termos aristotélicos, é a idea mais non a forma o que importa. Pero o que non podo crer é a banalización do termo cando alguén di que está lendo un libro e está cun aparato deses nas mans. Acaso diría alguén que un cómic é un libro? E sen embargo tamén é unha creación literaria. Amais, non creo que os lectores de ebooks sexan os mesmos que eran/son maiores lectores de libros.
Discútese ultimamente que é cultura debido ó derradeiro libro de Vargas Llosa. Parece ser (non o lín) que este bota as culpas a filósofos coma Foucault, Deleuze e Derrida. Non creo que isto debera ser así. A vulgarización das ideas non a fan os filósofos senón a sociedade, en tanto que sociedade de consumo, mercados e cunha escasa capacidade de valoración estética-ética. El fala da desaparición da cultura. Non creo que sexa así, inda que si estou dacordo ca visión que tenhen algúns intelectuais cunha certa decadencia das humanidades, o que xa ven de lonxe, e con ese punto crítico que hai que aportar, xa que non hai autocrítica por parte dos outros, respecto a Internet e os mundos que din 2.0 e 3.0 etc.
Etiquetas: Arte contemporánea
Deixar unha resposta