Archive for Maio 2012

Na morte de Dietrich Fischer-Dieskau

Maio 18, 2012

4 meses despois de caermos na conta da morte de Gustav Leonhardt, o que foi seguramente o maior clavecinista e representante do movemento historicista do século XX, agora tremamos ante a de quen probablemente foi o maior cantante da pasada centuria e por tanto outra das maiores figuras da música na mesma, o citado Fischer-Dieskau. Figura cuxas interpretacións dos lieder de Schubert e Mahler son xeralmente insuperábeis, será recordada por estas, en particular pola integral liederística de Schubert acompanhado ó piano por Gerald Moore. Así mesmo, están entre os cumios da interpretación vocal as súas versións dos ciclos de lieder mahleriáns “Lieder eines fahrenden Gesellen” e “Kindertotenlieder“. Serán recordadas tamén as súas interpretacións de lieder de Beethoven, Brahms, Schumann, Richard Strauss e, inda que non tanto, nós tamén sabemos que interpretou lieder de Nietzsche. E non podemos esquecernos dos seus papeis operísticos. Dende Mozart ata Richard Strauss, atravesando por Gluck, Verdi e Wagner, son algúns dos compositores que crearon óperas nas que destacou o barítono xermano. Tamén foron notábeis as súas interpretacións dalgunhas obras de Haydn e Bach.

http://www.nytimes.com/2012/05/19/arts/music/dietrich-fischer-dieskau-german-baritone-dies-at-86.html?src=me&ref=general

http://www.nytimes.com/2012/05/19/arts/music/dietrich-fischer-dieskaus-incomparable-voice.html?smid=tw-nytimes&seid=auto

Advertisements

Un novo (segundo) comentario sobre a crise

Maio 14, 2012

Estou lendo unha cronoloxía da crise en Grecia (http://www.rtve.es/noticias/20120419/cronologia-crisis-grecia/329528.shtml) sobre a que reparo nun par de detalles. (more…)

Día tras día. 23-Floréal, ano CCXX, Bourrache

Maio 12, 2012

A borraxe pode facer referencia a un xénero de plantas pertencente á familia das borraxináceas orixinario d’Europa e do Norte d’África ou á especie máis representativa deste xénero, o Borago officinalis. Un dos usos que se lle dan ás diversas plantas do xénero é o de facer infusión con elas, xa que amais tenhen diversas propiedades medicinais. A especie concreta nomeada tamén ten diversos usos gastronómicos, especialmente en caldos e pratos cocidos.

Dícese que da sangue de Xacinto, morto nun accidente provocado por Apolo, xurdiu unha flor na que se poden ver as letras AI (entre outros, Ovidio). Aparentemente a mesma flor naceu na illa de Salamina trala morte de Ajax, sendo as letras as primeiras do nome do heroe grego. Esta flor podería ser o xacinto (de novo o xénero Hyacinthus ou ben a especie concreta deste xénero, Hyacinthus orientalis), inda que segundo algunhas interpretacións (as de Robert Graves e Tony Kline [A. S. Kline]) sería a planta de nome científico Hyacinthos grapta (existiu realmente nalgún momento esta denominación?) que se identificaría co Delphinium elatum, cuxo nome de uso en galego desconhezo, chamada en castelán “espuela de caballero”. En Esparta celebraríase anualmente un festival (As Xacintias) conmemorando a morte de Xacinto.

Skrik

Maio 3, 2012


O grito, de Edvard Munch, o cadro máis caro vendido ata hoxe. A única das 4 copias, que está en mans privadas.

Unha montaxe sonora con algúns berros cinematográficos.