Un novo (segundo) comentario sobre a crise

Estou lendo unha cronoloxía da crise en Grecia (http://www.rtve.es/noticias/20120419/cronologia-crisis-grecia/329528.shtml) sobre a que reparo nun par de detalles.

O primeiro e que lese como unha novela, ou coma unha traxedia grega, nunca millor feita unha comparación (inda que non sexa nova). É realmente apaixoante ver como se suceden os feitos e a fatalidade sobre o país, a unha cadencia vertixinosa, non só no económico; inda que, por suposto, tamén é moi triste e sombrío. Isto é especialmente ó principio, porque logo (xa neste ano) as novas xa se suceden día tras día e a lectura destas faise un pouco pesada.

O outro aspecto do que me decato é de que a crise segue en Grecia o desenrolo natural das medidas d’austeridade económica. Isto é mostra o caminho que o resto d’Europa (salvo Francia agora; especialmente Italia e España) parece querer seguer. A austeridade fai que o déficit se reduza, pero ó mesmo tempo provoca un enorme crecemento do paro. E de paso, cos préstamos que lle van concedendo aumentan as débedas do país en comisións. A crise tratada desta maneira é como unha bola de neve que se vai expandindo. E dende o exterior (axencias, bancos centrais, organizacións europeas, etc.) empuxan para que continúen na mesma linha, e tamén especulan co futuro do país. Só lle vexo unha saída: a do Euro.

Un par de vídeos sobre a crise particularizada a España.


Un último comentario: Unha das principais causas da crise son as hipotecas dadas polos bancos, como se pode ver no primeiro dos vídeos. A estes interésalles concedelas xa que obtenhen os beneficios dos intereses a cambio. Agora España e os outros Estados que practican as mesmas políticas, pretenden non endebedarse, ou iso din, e para iso cambiaron a Constitución dunha maneira absolutamente ilexítima cando inda gobernaba o PSOE. A nivel europeo isto tradúcese no chamado pacto fiscal europeo. Mais, ó non endebedarse, estes Estados non tenhen recursos de crecemento, pago das débedas e demais, co que as institucións europeas os tenhen que rescatar. E volvemos a estar ó comezo, porque canto maior sexa o rescate, máis intereses terá que pagar o Estado e máis beneficioso será para os “rescatadores”, a priori.

Advertisements

Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: