Archive for Xuño 2012

A iconografía do mito de Acteón

Xuño 24, 2012

Acteón foi fillo de Aristeo e Autónoe, e irmán de Macris (nutriz de Dionisos). Recordo que Aristeo era fillo de Apolo e Cirene, mentres Autónoe era filla de Cadmo e Harmonia. Acteón é recordado porque estando de caza cos seus cans atopouse con Ártemis bañándose núa e cando esta decatouse de que el a mirara, transformouno en cervo e fixo que os cans del o devorasen.

Acteón devorado polos seus cans nunha métopa do templo de Selinunte (c. 465 a.C.), Museo Nacional (Palermo)

Acteón devorado polos seus cans, cratera de Boston (c. 480 a.C.), pintor de Pan, Museum of Fine Arts (Boston)

Acteón devorado polos seus cans, fragmentos de cratera de Atenas? (c. 470 a.C.?), pintor de Pan?, Museum of Fine Arts (Boston)

Diana e Acteón (1603-1606), Giuseppe Cesari, Szépmûvészeti Múzeum (Budapest) (son 7 versións de c. 1600 unha das cales está no Louvre?)

Diana e Acteón (c. 1556-1559), Tiziano, National Gallery of Scotland (Edinburgh)

A morte de Acteón (p. 1559), Tiziano, National Gallery (London) (ou Harewood House?)

Acteón metamorfoseado en cervo (c. 1616), Francesco Albani, Louvre(?)

Acteón metamorfoseado en cervo (c. 1630), Francesco Albani, Louvre(?)

Diana sorprendida por Acteón (1734), Jean-François de Troy, Kunstmuseum (Basilea)

Acteon e Diana (1520), Lucas Cranach, The Wadsworth Atheneum (Hartford, Connecticut)

Máis referencias nas seguintes webs:
Mlahanas
CC
Ni se mira ni se toca

Advertisements

A iconografía do mito de Acis e Galatea (e Polifemo)

Xuño 15, 2012

Galatea era unha nereida que vivía en Sicilia, a cal namorou de Acis. Isto foi a orixe da furia do ciclope Polifemo, que cantaba seu amor por Galatea, e pola que un día sorprendeunos e esmagou a Acis baixo unha inmensa rocha. Entón Galatea transformou o que restaba do seu amado en río.

Polifemo tocando a siringa mentres Galatea vai enriba dun delfín (s. I), fresco de Pompeia.

Polifemo, xigante namorado que toca a siringa (1595-1605), por Annibale Carracci, Pazo Farnesio (Roma)

Paisaxe con Polifemo (1649), Nicolas Poussin, Ermitage (San Petersburgo)

Polifemo, Acis e Galatea nunha escultura de Auguste Ottin de 1866 para a fonte Médicis nos Xardíns de Luxemburgo (Paris).

Polyphème, Acis et Galatée, Ker-Xavier Roussel (1867-1944), Musée d’Orsay (Paris)

O triunfo de Galatea (1511), Rafael Sanzio, Villa Farnesina (Roma)

Máis aquí

Día tras día. 24-Prairial, ano CCXX, Caille-lait

Xuño 11, 2012

As caille-lait, isto é, as calla-leite, son unhas plantas do xénero Galium da familia das Rubiaceae, conhecidas con ese nome porque tenhen unha enzima con esa propiedade.

Os deuses teiman en demostra-la súa existencia. Levo un tempo xogando co destino, intentando forza-lo meu fado de tal modo que suceda algo, xa que iso de forza-las casualidades funciona ás veces. Pois ben, os deuses, enfurecidos, levan xa máis dunha semana facéndome a vida imposíbel e vivo con gran estrés. Non se debe xogar cos deuses, pois tenhen todo ó seu favor pra vencer, pero como home que son son homo ludens.

Uns versos de Mayakovski:
Xa sei
que unha muller se paga.
Tanto pior
se mentres espero
vístote con fume de tabaco
e non con fermosos vestidos de París.
 

Día tras día. 23-Prairial, ano CCXX, Chèvrefeuille. Pina

Xuño 10, 2012

Antes de nada comentar que os tres últimos posts desta sección están equivocados de data porque non tenhen en conta que estamos en ano bisesto (os escribín os días seguintes ós indicados). Chèvrefeuille fai referencia ós arbustos do xénero Lonicera, da familia das Caprifoliaceae. Algúns destes arbustos conhécense co nome de madreselvas.

Outras cousas a comentar. Hoxe fun ver por terceira vez (primeira vez que repito en cines comerciais) o filme Pina de Wim Wenders, homenaxe a Pina Bausch. (more…)