Archive for Agosto 2012

Día tras día. 6-Fructidor, ano CCXX, Tubéreuse

Agosto 22, 2012

A planta do día de hoxe é a Polianthes tuberosa conhecida comúnmente como nardo. É orixinaria de México e amplamente usada pra facer perfumes. Sobre a data, tamén quero comentar que estamos no ano 2766 A.U.c. (Ab Urbe condita), isto é, dende a fundación da cidade de Roma (753 a.C.), polo menos segundo a lenda.

A primeira das dúas cousas que quero mostrar neste post é unha cita extraida das Memorias de Ultratumba de François-René de Chateaubriand coa que me sentín profundamente identificado e que descreve o resultado ou consecuencias que tiveron en mim as minhas experiência artístico-filosóficas, essas dúas desesperaciós que explica. É um párágrafo do capítulo 12 do libro III. Traduzo ao galego(-portugués) da versom espanhola editada por Acantilado.
Cada vez máis apegado a minha pantasma, nom podendo gozar do que nom existía, eu era coma eses homes mutilados que sonhan con ditas inasequíveis pra eles, e que se crean um sonho cuxos praceres igualan aos tormentos do imferno. Amais tinha o pressentimento das misérias da minha sorte futura: enghenhoso em forxarme sofrementos, situárame entre dúas desesperaciós; ás veces nom me cría máis que unha nulidade, incapaz de elevarse por riba do vulgar; ás veces parecíame notar en mim qualidades que nom serían nunca apreciadas. Un secreto instinto advertíame de que, avançando no mundo, nom atoparía nada do que buscaba.
Quero fazer algún comentario sobre este texto aplicado a mím. Chateaubriand fala de cando el tinha uns 16, 17 anos de idade; cando eu tinha ese tempo predominaba en mím a segunda das dúas desesperaciós, a positiva ou de sentimento de superioridade, é máis, a outra creo recordar que non a descubrira inda. Agora que tenho 25 anos é cando eu síntome así, nesa loita antagónica entre dous sofrementos, o que debín de empezar a notar fai uns 3 ou 4 anos e especialmente dende fai 2 outonos. Amais som capaz de pasar dun sentimento ao outro de golpe, sen pasar por estados intermedios, e continuamente, e incluso de telos os dous á vez. Isto é así cando un nota a súa nulidade nuns aspectos da vida e a súa elevación por riba do vulgar noutros, que é o que me ocorre agora. Cando estes aspectos son xigantes na idea humana, desembócase no escrito polo nobre francés.

A segunda cousa que quero facer é unha pequena explicación de astronomía que xurdiu a partir da lectura que estou facendo do libro “A Orixe dos Continentes e Océanos” de Alfred Wegener, libro que pasou á historia da xeoloxía por defender amplamente a tese dos desprazamentos continentais.
Primeiro temos que mirar cara o ceo e imaxinar que este é unha esfera o centro da cal é a Terra; a esta esfera a chamamos a esfera celeste. (more…)

Sobre o sentido da vida. A prol das sensacións II.

Agosto 13, 2012

Este novo post podería ir engadido no anterior, o separo sen máis motivo de que o creo millor así pra os posíbeis lectores, porque non hai unha continuidade entre os dous textos e porque quero comentar unha idea coa que xa levaba dende bastantes semanas na cabeza. Esta idea é co que vou comezar, unha disquisición sobre o significado do termo pathos. (more…)

Contra o falar. A prol das sensacións.

Agosto 12, 2012

¿Qué es la vida? Un frenesí.
¿Qué es la vida? Una ilusión,
una sombra, una ficción,
y el mayor bien es pequeño;
que toda la vida es sueño,
y los sueños, sueños son.

La vida es sueño, Calderón de la Barca

A tradición xudeo-cristiá fai da metafísica a referencia fundamental do pensamento na sociedade occidental, e por globalización, na global, sobre a física. Supón a imposición do abstracto sobre o concreto, da alma sobre o corpo, chegando moito máis lonxe do que quixo ir e foi Platon. (more…)