Contra o falar. A prol das sensacións.

¿Qué es la vida? Un frenesí.
¿Qué es la vida? Una ilusión,
una sombra, una ficción,
y el mayor bien es pequeño;
que toda la vida es sueño,
y los sueños, sueños son.

La vida es sueño, Calderón de la Barca

A tradición xudeo-cristiá fai da metafísica a referencia fundamental do pensamento na sociedade occidental, e por globalización, na global, sobre a física. Supón a imposición do abstracto sobre o concreto, da alma sobre o corpo, chegando moito máis lonxe do que quixo ir e foi Platon.

Por outra banda, lograron confundir á xente mesturando moral e ética, e moito tempo despois de que Nietzsche desmontara tódolos seus argumentos, inda estamos moi afastados dunha realización desta separación entre moral e ética. Os conceptos de culpa e castigo fixeron moito dano. E digo eu: podédesme acusar do que queirades, mais non me faredes culpábel de nada.

Unha consecuencia de tódolo anterior é o dito ese de: “o que importa é a intencion”. Isto é radicalmente FALSO. O que importan son os feitos. As intenciois moitas veces son incluso desconhecidas, co que non poden ser valoradas. Pero é que son abstraciós, produtos mentais que non participan da existencia humá.

Pasa o mesmo coa fala. Moita xente dálle unha xigante importancia ás palabras. Pero meus, se as palabras voan, vánse co vento. Quizais tamén parte da causa de todo isto é o famoso “cogito, ergo sum” de Descartes. E estamos xa metidos de cheo nun dos grandes debates filosóficos de tódolos tempos, o que se deu entre racionalistas e empiristas. Eu quero postularme e postúlome entre estes últimos e as correntes de pensamento cercanas a eles. O que importan son as sensacións. Oír, ver, ulir, saborear, sentir polo tacto, os 5 clásicos sentidos físicos. Eu só quero poder escoita-lo silencio, e as músicas, e os sons máis diversos, poder mira-las paisaxes, as xentes, a súa diversidade, deleitarme contemplando o mundo, o universo, o ceo cos seus astros, ben sexan o sol, a lúa, as estrelas …, ulir os máis agasalladores cheiros, coma o das gardenias, os libros novos (algús), ou os vellos, o mar, os cheiros doutras épocas, ou os doutros lugares, sexan millores ou piores, que sempre fánche sentir, coa súa diversidade, tamén, as máis diversas emociós, e te-las máis lumínicas impresiós. Tamén quero poder saborear, os alimentos máis gustosos, a auga do mar, a sangue, todo o que che fai saber que es un ser vivo, e máis inda, un ser vivente, un que vive. E o sentido do tacto, quizais o máis importante; quen non quixera senti-lo tacto dunha pel suave (coma no(s) filme(s) de Truffaut), ou dunha pel rugosa, ou senti-la forza do vento, ou da auga do mar, ou dos ríos, o contacto coa herba fresca, ou seca, as rochas, as árbores, etc.

Que importa a fala cando pódese sentir? Que importan as palabras? Distintas son as escritas, inda que depende de cales. Un libro pode crear novos mundos e facerche viaxar, como son as obras dos grandes escritores, dende o Poema de Xilgamesh até os relatos de Italo Calvino, dende Homero até Hermann Hesse e Thomas Mann. Pero que importa o que estou dicindo aquí? Só pretendo facer reflexionar. Polas palabras, a veces podemos odiar, insultar, despreciar, senti-los piores sentimentos, sen realmente desexalo, sen realmente querelo. As palabras non crean beleza (o sentido da vida) -non sendo as dos libros que mentaba anteriormente- polo que regáloas todas.

Advertisements

Etiquetas:

Unha resposta to “Contra o falar. A prol das sensacións.”

  1. Vivre sa vie. A prol das sensacións III « Pitagorico17′s Weblog Says:

    […] filme podemos voltar ao par de entradas anteriores da serie “A prol das sensacións”, Contra o falar e Sobre o sentido da vida. En realidade, non atopo unha soa diferenza entre escrever sobre o […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: