Día tras día. 6-Fructidor, ano CCXX, Tubéreuse

A planta do día de hoxe é a Polianthes tuberosa conhecida comúnmente como nardo. É orixinaria de México e amplamente usada pra facer perfumes. Sobre a data, tamén quero comentar que estamos no ano 2766 A.U.c. (Ab Urbe condita), isto é, dende a fundación da cidade de Roma (753 a.C.), polo menos segundo a lenda.

A primeira das dúas cousas que quero mostrar neste post é unha cita extraida das Memorias de Ultratumba de François-René de Chateaubriand coa que me sentín profundamente identificado e que descreve o resultado ou consecuencias que tiveron en mim as minhas experiência artístico-filosóficas, essas dúas desesperaciós que explica. É um párágrafo do capítulo 12 do libro III. Traduzo ao galego(-portugués) da versom espanhola editada por Acantilado.
Cada vez máis apegado a minha pantasma, nom podendo gozar do que nom existía, eu era coma eses homes mutilados que sonhan con ditas inasequíveis pra eles, e que se crean um sonho cuxos praceres igualan aos tormentos do imferno. Amais tinha o pressentimento das misérias da minha sorte futura: enghenhoso em forxarme sofrementos, situárame entre dúas desesperaciós; ás veces nom me cría máis que unha nulidade, incapaz de elevarse por riba do vulgar; ás veces parecíame notar en mim qualidades que nom serían nunca apreciadas. Un secreto instinto advertíame de que, avançando no mundo, nom atoparía nada do que buscaba.
Quero fazer algún comentario sobre este texto aplicado a mím. Chateaubriand fala de cando el tinha uns 16, 17 anos de idade; cando eu tinha ese tempo predominaba en mím a segunda das dúas desesperaciós, a positiva ou de sentimento de superioridade, é máis, a outra creo recordar que non a descubrira inda. Agora que tenho 25 anos é cando eu síntome así, nesa loita antagónica entre dous sofrementos, o que debín de empezar a notar fai uns 3 ou 4 anos e especialmente dende fai 2 outonos. Amais som capaz de pasar dun sentimento ao outro de golpe, sen pasar por estados intermedios, e continuamente, e incluso de telos os dous á vez. Isto é así cando un nota a súa nulidade nuns aspectos da vida e a súa elevación por riba do vulgar noutros, que é o que me ocorre agora. Cando estes aspectos son xigantes na idea humana, desembócase no escrito polo nobre francés.

A segunda cousa que quero facer é unha pequena explicación de astronomía que xurdiu a partir da lectura que estou facendo do libro “A Orixe dos Continentes e Océanos” de Alfred Wegener, libro que pasou á historia da xeoloxía por defender amplamente a tese dos desprazamentos continentais.
Primeiro temos que mirar cara o ceo e imaxinar que este é unha esfera o centro da cal é a Terra; a esta esfera a chamamos a esfera celeste. En segundo lugar observamos que a órbita terrestre arredor do sol forma un plano imaxinario. Situando estes obxectos no espazo (tridimensional) e fixando a Terra como centro de referência, a intersecçom do plano definido pola órbita terrestre arredor do sol coa esfera celeste é unha curva chamada eclíptica. Agora considerémo-lo ecuador da Terra. Este define outro plano, e por tanto outra curva ao intersecalo plano coa esfera celeste. Esta nova curva é o chamado ecuador celeste. O ángulo formado polos dous planos ten uns 23 graos (c. 23º27′ ou 23º.4).
Os 2 puntos de intersecçom da eclíptica co ecuador celeste son os chamados equinoccios. O eixo de rotaçom da Terra é a normal respecto do plano do ecuador. Os polos celestes son os dous puntos de intersecçom do eixo de rotaçom coa esfera celeste. Os polos da eclíptica son os puntos de intersecçom da normal ao plano da eclíptica que pasa pola Terra coa esfera celeste.



Agora que isto debería ter dado unha idea, podo continuar. É bem sabido que as ciencias experimentais nom son exactas e habería que matizar algunha cousa das que escribín. Por exemplo que o plano de ecuador móvese, e con el o eixo de rotaçom do planeta Terra. Máis concretamente, prodúcense dous movementos diferentes: a precessom e nutaçom. A precessom é o cambio de orientación do eixo de rotaçom con respecto á normal ao plano da eclíptica, definindo dese modo círculos na esfera celeste con centros os polos da eclíptica.  A nutaçom é o movemento oscilatorio do plano do ecuador con respecto ó plano da eclíptica. Así, os 23º27′ mide só o ángulo medio entre a posiçom dos dous planos (ou das respectivas normais).
Amais de todo isto tamén estám os polos magnéticos (da Terra), e podemos considera-la variaçom destes con respecto dos xeográficos. Vemos que temos moitos tipos de polos e que uns varían con respecto a outros e con respecto a si mesmos co paso do tempo, en parte debido aos desprazamentos continentais. Queda por resolver a cuestión de a que chama Wegener a “deriva polar”. É aquí a soluçom: http://en.wikipedia.org/wiki/Polar_wander e tamén http://en.wikipedia.org/wiki/Polar_motion (nom lograr atopar a 1ª destas dúas webs até agora e intentar entende-la deriva polar é o causante de toda a parte xeolóxica deste post). Segundo emtendo, a deriva polar fai referêmcia ao movemento do eixo de rotaçom da Terra, pero com respecto ao planeta mesmo e nom com respecto á esfera celeste, coma son a nutaçom e a precessom. Se consideramos este movemento com respecto aos continentes é o chamado em inglés “polar wander“; se o facemos com respecto ao sistema de referêmcia ECEF (dado polo CIO; cf. tamén o sistema de referencia ECI) é o chamado “polar motion“. Outra explicaçom destes conceptos que copio: “Polar Motion – motion of the spin (CTS) axis with respect to the earth’s surface. Wobble is the periodic polar motion while Polar Wander is the aperiodic drift superposed.” Finalmente, un fragmento do comentario á obra de Wegener na edición que estou a ler, e que resolve tódalas dúbidas (por Francisco Anguita Virella): “En 1975, Jurdy y Van der Voo descartaron que se hubiesen producido reorientaciones importantes del eje de rotación con respecto a la Tierra sólida en los últimos 100 millones de años, es decir, que hubiese deriva polar real en el sentido que define Wegener en el capítulo 8 de su libro. Aunque posteriormente la misma Jurdy (1978) ha publicado una apreciación más ambigua sobre este tema, lo cierto es que en la actualidad la deriva polar real no tiene defensores, y las observaciones que llevaron a Wegener a proponer esta hipótesis son atribuibles en su totalidad a la movilidad continental. Los principales datos que han servido para fundamentar este cambio de ideas han sido los parámetros paleomagnéticos de rocas continentales, obtenidos principalmente por investigadores de la Universidad de Cambridge bajo la dirección de S. K. Runcorn ya en la década de los 50. Estos datos mostraban que cada continente poseía una historia paleomagnética distinta, y, por tanto, no podían ser resueltos por una deriva del polo, sino por movimientos diferentes de los propios continentes; por ello estas curvas paleomagnéticas se denominaron curvas de deriva polar aparente.“(exemplo de curvas de deriva polar aparente, da web http://www.fas.org/irp/imint/docs/rst/Intro/Part2_1a.html)

Unha última nota. Nom vos fiedes das definiciós dadas pola wikipedia en espanhoi.

Algunhas imaxes máis que deberían axudar a comprender todo isto (tanto estas como as anteriores estám collidas dos artigos referentes aos conceptos discutidos, nas wikipedias inglesa, espanhola e galega).

Precessom

Nutaçom

Advertisements

Etiquetas: ,

Unha resposta to “Día tras día. 6-Fructidor, ano CCXX, Tubéreuse”

  1. Vivre sa vie. A prol das sensacións III « Pitagorico17′s Weblog Says:

    […] Creo tamén que débese conectar esta nova entrada coas dúas última até o momento, que son Tubéreuse e Écrevisse. Sobre a Educación. A esta última porque está directamente relacionada co tema do […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: