Archive for Setembro 2012

Monica Vitti

Setembro 30, 2012

Mentres que pra as dúas anteriores foi difícil atopar unha boa foto , no caso da musa de Antonioni o difícil foi escoller unha de tantas fotos coa fascinante expresión do rostro desta actriz. Decidinme por esta polo de volver aos espellos.

Advertisements

Día tras día. 8-Vendémiaire, ano CCXXI, Amarante

Setembro 29, 2012

Hoxe é o día dos amarantos, como xa comentei fai 2 anos. Escribirei sobre a historia política na Hélade.

Entorno a un milenio antes de Cristo a estrutura político-territorial da Hélade consistía en comunidades organizadas entorno a pequenos núcleos urbanos conhecidas como polis ou cidades-estado.

  • Licurgo foi un lexislador mítico de Esparta que se sitúa entre os séculos IX e VII a.C..
  • Solón foi un lexislador ateniense ao que xa se lle reconhece existencia histórica, que viviu entre os séculos VII e VI a.C., c. 640-560 a.C. e foi escolhido coma arconte no 594 a.C.. Súa foi a primeira gran revolución no Dereito da Historia de Civilización Occidental, na que seu fundamentou o Decenvirato romano. El instaurou a Ekklesía, base da democracia ateniense. Instaurou medidas populares que deron aire aos labregos (fronte á dependencia e a explotación económica; entre outras cousas, derrogou a escravitude por débedas) e permitiron acabar co monopolio aristocrático do poder político. Creou xunto ao Areópago -especie de Cámara Alta- un novo tribunal popular -a Heliea- (cf. coa República Romana e o Senado e cónsules fronte aos tribunos da plebe), e a partir dunha reforma do consello do Areópago estableceu a Boulé. Inda así, non levou as reformas tan lonxe como era posíbel, xa que el só aspiraba a acada-la eunomía ou “bo orden”.
  • Pisístrato foi un tirano ateniense que viviu entre 607 e 527 a.c.. Antes de nada hai que recordar que na Hélade o termo tirano non tinha a connotación pexorativa que ten hoxe en día. Significaba exclusivamente que unha soa persoa posuía todo o poder do goberno. Accedeu ao poder no 561 a.C. e tivo como filhos herdeiros da súa tiranía no 527 a Hipias e Hiparco -chamados pisistrátidas-, o segundo dos cales morreu asasinado no 514 a.C., e o primeiro foi expulsado de Atenas no 510 a.C.. Foi esta, a época das tíranias, dunha grande inestabilidade política.
  • Logo deles disputáronse o poder en Atenas Clístenes e Iságoras. Venceu o primeiro (a pesar de que o segundo contaba co apoio de Esparta), que viviu entre os anos aproximadamente 570 e 507 a.C., e que instaurou a primeira Democracia da Historia a través das famosas reformas do 508 a.C., mais o facía en nome da isonomía, isto é, a “igualdade ante a lei” de tódolos cidadáns, e, sendo estritos, atopámonos diante dunha oligarquía isonómica, cuns certos dereitos (e algúns poderes) pra tódolos cidadáns, pero coa posición dominante da aristocracia. Ampliou a cantidade de membros do Conselho de governo ou Boulé, creou maxistraturas colectivas e tribunais populares de xustiza, desprazou o poder do Areópago en beneficio da Asemblea ou Ekklesía (institución á que correspondía a aprobación ou rexeitamento das propostas de lei da Boulé) e instituíu o ostracismo. Pra promover todos estes cambios Clístenes creou unha nova unidade político-territorial: o demos.
    Subdividiu a Ática en 3 zonas, cidade, interior e costa, cada umha delas subdividida en 10 partes chamadas tritías -ámbalas subdivisións atendendo a umha similar cantidade de habitantes-, que formaron en grupos de 3, un por cada zona, 10 tribos territoriais. En cada tribo estaban representados tódolos integrantes da sociedade e as necesidades das diferentes zonas da Ática, de modo que os comerciantes da costa ou os terratenentes do interior non puidesen constituír bloques homoxéneos de interese e tivesen que pórse de acordo en cada tribo pra enviar un representante ao Conselho.
    Inda que a 1ª Democracia tinha moitos defectos, entre os que estaban a permisividade da escravitude, ou non contar coas mulleres (e evidentemente cos estranxeiros), tinha unha virtude con respecto ás (pseudo-)democracias actuais: que realmente o pobo gobernaba, ou dito doutro modo, era unha democracia directa, e non a través duns representantes; os (considerados) cidadáns (aqueles que, por definición, participan na vida pública da polis [democrática] e, en particular, encárganse da politeia, isto é, fan política) tomaban tódalas decisións. O problema que tinha non era tanto o seu funcionamento -que tamén- senón quen eran cidadáns. Hoxe en día practicamente non temos a posibilidade nen de referendos (o que sería pedir moito menos, inda menos que plebiscitos). É máis: os aristócratas da Grecia clásica poderían equipararse coas clases financeiras que posúen o control, os demais cidadáns coas clases gobernantes (políticas) e os escravos, mulleres e estranxeiros daquela época coas clases traballadoras do presente. Pois, que son os traballadores senón escravos?, traballando todas as horas necesarias até acaba-la súa labor, non podendo facer folga pra non ser despedido, cobrando só detrás de tódolos seus superiores (sendo o último en percibir indemnizacións en caso de problemas na empresa), etc.
  • Temístocles foi un político ateniense que viviu aproximadamente entre o 525 a.C. e 460 a.C. e que tras ser elixido arconte no 493 a.C. impulsou un gran desenvolvemento naval militar e o porto do Pireo. Participou nas dúas Guerras Médicas, ante a segunda das cales impulsou unha flota de trirremes que foi decisiva. Foi relegado ao ostracismo.
  • Arístides, o Justo (550?-c. 467 a.C.) foi un dos estrategos atenienses na batalha de Maratón (490 a.C.), na que os gregos obtiveron unha grande vitoria sobre os persas. Acadou a fama pola súa integridade persoal e as súas reformas como arconte de Atenas, que abriron as institucións do Estado-cidade a capas máis amplas da poboación.
  • Logo, primeiro Efialtes (?-461 a.C.) e despois Pericles (que viviu entre o 495 e 429 a.C.) impulsaron de novo e afianzaron a Democracia grega e o segundo a construción do Partenón e os Propileos. Foi esta a etapa de máximo esplendor da conhecida hoxe como Grecia clásica (séculos V e IV a.C.). Efialtes limitou inda máis as funcións do Areópago, ordenou a provisión da maioría das maxistraturas por sorteo (a excepción das que requirían algumha competencia especial), propiciou a introdución progresiva do misthos -retribución aos pobres libres por participar na politeia-. Pericles reforzou os dereitos políticos dos pobres libres e as condicións materiais necesarias pra exercelos. Financiou a asistencia xeneralizada ao teatro e aos banhos públicos, reduciu os requisitos de propiedade pra exercer como arconte, introduciu o pago de xenerosas cantidades de dinheiro pra os cidadáns que servisen como xurados na Heliea e otorgou ás mulheres o dereito de asistir á Asemblea. En palabras de Antoni Domènech, foron “décadas de intensa liberación política e intelectual que viviron as mulleres baixo a democracia plebea radical postefiáltica (a partir do 561 a.C.)”.
    Polo menos foi así mentres se puido, porque se o século V comezou coas guerras contra os medas, acabou coa Guerra do Peloponeso, que simbolizou o comezo da decadencia ateniense en favor de Esparta.
  • Finalmente foron tamén importantes na política ateniense Alcibíades, este inda no século V a.C., e logo Esquines e Demóstenes no século IV a.C., xa participando na chegada do Imperio de Alexandro Magno (con quen acaba a época correspondente á Grecia clásica, que da paso ao período conhecido como helenístico). O período democrático abarcou finalmente entre o 507 e o 322 a.C., véndose só interrompido por algúns movementos oligárquicos illados, como o dos Trinta Tiranos.

Marie Laforêt

Setembro 27, 2012

Circus Caribbean-Orange

Setembro 24, 2012


Fotografía do proxecto desenrolado polo artista Gordon Matta-Clark en Chicago en 1978, ano do seu falecemento. Non vos recorda ao cadro d’Escher “Relatividade”?

Catherine Deneuve

Setembro 24, 2012

A iconografía do mito de Alcestis e Admeto (e Heracles)

Setembro 22, 2012

Alcestis foi unha das fillas de Pelias, fillo a súa vez de Tiro e Poseidón e irmán xemelgo de Neleo. Admeto, rei de Feras, namorouse dela, pero pra consegue-la súa man tinha que satisface-la proba esixida polo seu pai -debido á numerosa cantidade de pretendentes que había-, isto é, montar nun carro levado baixo o mesmo xugo por un xabaril e un león, previamente xunguidos estes. Logrouno e casáronse. Cando Admeto morreu, Alcestis quixo baixar ao Hades no seu lugar, pero ao decatarse disto Heracles, baixou ao Inframundo e rescatouna.



A noiva Alcestis nos preparativos da súa voda, representada nun epinetro ático (c. 420 a.C.), Museo Nacional (Atenas)


Alcestis, despedíndose dos seus fillos, lutróforo de Apulia (c. 360 a.C.), Antikenmuseum (Basilea)


Morte di Alcestide, representada nun sarcófago romano atopado en Villa Albani (Roma)


Heracles devolve Alcestis a Admeto, debuxo de Antoine Coypel (1661-1722), Ashmolean Museum (Oxford)

Como referencias finais, unha web sobre os epinetros e outra con máis información sobre o mesmo: http://www.beazley.ox.ac.uk/index.htm

Día tras dia. 1-Vendémiaire, ano CCXXI, Raisin

Setembro 22, 2012

Hoxe é o primeiro día do ano 221 segundo o calendario republicano francés. Día adicado á uva, como é comprensíbel tendo en conta o período estacional no que estamos.

A baga é a denominación botánica pra un froito carnoso procedente (more…)

Vivre sa vie. A prol das sensacións III, ou a prol das emocións

Setembro 15, 2012

But in a manner not yet understood of the world he [Christ] regarded sin and suffering as being in themselves beautiful holy things and modes of perfection.

De Profundis, Oscar Wilde

LE BONHEUR N’EST PAS GAI (A FELICIDADE NON É ALEGRE)
l’art, la beauté, c’est ça la vie

Vivre sa vie, Jean-Luc Godard

As minhas sensacións, as minhas experiencias, o filme a comentar, os filmes en xeral de Godard, de Truffaut, de Bergman, de Resnais, de Varda, de Rossellini, etc., os textos de Chateaubriand nutren estas linhas. Quere ser este post un comentario ao filme de Jean-Luc Godard “Vivre sa vie“, de 1962, pero entón non poden ser senón un comentario sobre a Vida, pois que é ese filme senón un canto ao Amor e á Vida.
Creo que a través do filme podemos voltar ao par de entradas anteriores da serie “A prol das sensacións”, Contra o falar e Sobre o sentido da vida. En realidade, non atopo unha soa diferenza entre escrever sobre o sentido da vida e sobre este filme de Godard. Recordemos a continuación que esta obra está estruturada en forma similar aos “Cadros dunha exposición” de Modest Mussorgsky, en 12 cadros, inda que sen os paseos entre eles. Pois na fascinante conversación entre Nina e o desconhecido no cadro número 11 fálase do falar, do mentir, da realidade, das relacións entre estes aspectos, co que resulta un interesante comentario á primeira das entradas a prol das sensacións.
Creo tamén que débese conectar esta nova entrada coas dúas última até o momento, que son Tubéreuse e Écrevisse. Sobre a Educación. A esta última porque está directamente relacionada co tema do sentido da vida e co post no que tratei este tema, e á anterior porque comento un texto de Chateaubriand e a minha relación con el. No fondo, podería comentar moitos máis fragmentos cos que me sento terribelmente identificado da obra do nobre francés, e que non son outra cousa que unha análise en profundidade da ánima humana, dos seus sufrimentos e paixóns, especialmente nesa circunstancia tan especial que é a soidade, e que non deixa de tratar unha e outra vez nos seus filmes Godard, como xa temos comentado noutra ocasión. Esas análises da ánima humana como as feitas por Werner Herzog na súa filmografía tanto de ficción como documental, por exemplo no citado na entrada anterior “Cave of Forgotten Dreams“, ou que pouco despois de Chateaubriand fixera na Rusia decimonónica o máis grande cirurxián da psique, Dostoievski.

Reitero, “Vivre sa vie” é un canto ao Amor e á Vida. (more…)

Día tras día. 25-Fructidor, ano CCXX, Écrevisse. Sobre a Educación

Setembro 10, 2012

Día dos cangrexos de río, crustáceos decápodos pertencentes ás super-familias Astacoidea e Parasticoidea.

Quería comentar algunhas observaciós sobre a Ensinanza, isto é, unha certa parte da Educación, palabras que escrevo com primeira letra capital pola importancia que creo tenhen. Penso que a milhor forma de aproveita-la Vida é mediante a Cultura.

A miúdo, os maiores praceres débense aos maiores conhecementos ou ao entendemento das cousas. Adquire relación con isto, en parte, o que dicía eu nunha entrada anterior, isto é, que o sentido da vida era (ou parecía) a beleza estética e ética. Ven sendo como unha xeralización da Experiencia Estética e un complemento a esta, o goce polo medio dos sentidos compleméntase co entendemento do obxecto gozado. E é para isto que é necesaria a Cultura ou, o que neste caso podemos empregar como sinónimo, o Humanismo (entendendo que inclúen Arte, Ciencia, Filosofía, Historia, etc.).

Mais a Cultura adquírese mediante continuada formación ao longo da vida. E a máis importante parte desta formación chega durante a infancia e a adolescencia, durante a educación transmitida polo contorno, véxase os pais ou titores, mestres, etc. Esta formación, a do período educativo, é a máis importante por dous motivos. Primeiro, pola cantidade de conhecementos transmitidos e pola súa transversalidade e importancia, xa que non son específicos dun só tema e ademais son o que normalmente se denomina Cultura Xeral, isto é, conhecementos básicos sobre o mundo en que vivimos.E segundo, porque é a que pode motivar aos rapeces ou rapazas en cuestióm a seguer con esta formación por conta propia e a interesarse pola Cultura. O período formativo ten que resultar unha motivación para adquirir, consciente ou inconscientemente, unhas inquietudes culturais necesarias de cara á unha formación humana decisiva para o goce da vida.

Todo isto queda dito pra recalcar dúas cousas. Unha, a importancia de Educación e, en particular, de Ensinanza, na Vida das persoas. E dous, que o fundamental na Ensinanza e por extensión na Educación é a Motivación. Entón a pregunta fundamental que se debería formular na Ensinanza é a de cómo motivar. Ocórrenseme algunhas propostas.
Primeiro exemplo: unha clase de Historia na que se explique a Batalla das Termópilas. Digo eu, por que non facer unha introducción e contextualización, logo mirar unha película como pode ser “The 300 Spartans” (1962) de Rudolph Maté, por exemplo, e finalmente facer un exercicio de relación entre o feito histórico e o filme.
Segundo exemplo: unha clase de Bioloxía sobre clasificación de (more…)