Día tras día. 25-Fructidor, ano CCXX, Écrevisse. Sobre a Educación

Día dos cangrexos de río, crustáceos decápodos pertencentes ás super-familias Astacoidea e Parasticoidea.

Quería comentar algunhas observaciós sobre a Ensinanza, isto é, unha certa parte da Educación, palabras que escrevo com primeira letra capital pola importancia que creo tenhen. Penso que a milhor forma de aproveita-la Vida é mediante a Cultura.

A miúdo, os maiores praceres débense aos maiores conhecementos ou ao entendemento das cousas. Adquire relación con isto, en parte, o que dicía eu nunha entrada anterior, isto é, que o sentido da vida era (ou parecía) a beleza estética e ética. Ven sendo como unha xeralización da Experiencia Estética e un complemento a esta, o goce polo medio dos sentidos compleméntase co entendemento do obxecto gozado. E é para isto que é necesaria a Cultura ou, o que neste caso podemos empregar como sinónimo, o Humanismo (entendendo que inclúen Arte, Ciencia, Filosofía, Historia, etc.).

Mais a Cultura adquírese mediante continuada formación ao longo da vida. E a máis importante parte desta formación chega durante a infancia e a adolescencia, durante a educación transmitida polo contorno, véxase os pais ou titores, mestres, etc. Esta formación, a do período educativo, é a máis importante por dous motivos. Primeiro, pola cantidade de conhecementos transmitidos e pola súa transversalidade e importancia, xa que non son específicos dun só tema e ademais son o que normalmente se denomina Cultura Xeral, isto é, conhecementos básicos sobre o mundo en que vivimos.E segundo, porque é a que pode motivar aos rapeces ou rapazas en cuestióm a seguer con esta formación por conta propia e a interesarse pola Cultura. O período formativo ten que resultar unha motivación para adquirir, consciente ou inconscientemente, unhas inquietudes culturais necesarias de cara á unha formación humana decisiva para o goce da vida.

Todo isto queda dito pra recalcar dúas cousas. Unha, a importancia de Educación e, en particular, de Ensinanza, na Vida das persoas. E dous, que o fundamental na Ensinanza e por extensión na Educación é a Motivación. Entón a pregunta fundamental que se debería formular na Ensinanza é a de cómo motivar. Ocórrenseme algunhas propostas.
Primeiro exemplo: unha clase de Historia na que se explique a Batalla das Termópilas. Digo eu, por que non facer unha introducción e contextualización, logo mirar unha película como pode ser “The 300 Spartans” (1962) de Rudolph Maté, por exemplo, e finalmente facer un exercicio de relación entre o feito histórico e o filme.
Segundo exemplo: unha clase de Bioloxía sobre clasificación de plantas ou a súa forma ou a súa reproducción. Digo eu, por que non facer unha saída de campo e estudar as plantas directamente. Que millor forma hai de ensinar que estimulando a observación. Xa sei que hoxe hai os laboratorios, pero non son pra nada suficientes.
Terceiro exemplo: unha clase de Xeoloxía sobre minerais, rochas, a erosión, a Historia Xeolóxica da Terra, a deriva continental, as oroxéneses, etc. Incluso podería falarse tamén dunha clase de Bioloxía sobre a Evolución. Digo eu, por que non saír é analizar as rochas encontradas ou busca-lo rastro da Historia no terreo en cuestión, segundo o tema estudado. As montanhas dan moito de si. Estas saídas fanse ás veces nas carreiras de Bioloxía ou Xeoloxía, pero neste caso (no que eu esponho) non se trata tanto de facer análises en profundidade como de motivar aos alumnos a través da observación, e de facelos gozar de entender por que unha montanha está onde está e é como é. Moito máis útil sería empregar os cartos nisto que en novas tecnoloxías que a xente nova aprenderá pola súa conta na casa. O máis importante é a motivación, non o aprendizaxe.
Cuarto exemplo: unha clase de Filosofía. Digo eu, por que non facer unha saída a un entorno urbano ou mirar un filme e analiza-lo observado. A Filosofía é unha disciplina que se pode estudar a través da observación dos comportamentos de persoas nun lugar calqueira dunha cidade, por exemplo, e tamén a través de multitude de filmes, como explican varios libros (“Lo que Sócrates diría a Woody Allen“, etc.).
Quinto exemplo: unha clase de Música. Digo eu, por que non escoitar os sons dos que xorde a música. Amais das clásicas (cada vez menos) saídas a concertos, a natureza, a través dos cantos dos paxaros e do son das follas das árbores, e a cidade, a través dos sons provocados polo ambiente urbano, proporcionan novas paisaxes sonoras que axudan a comprender que a música non é máis que unha continuación artificial -unha creación humana- dos sons do mundo, dos contextos nos que nos movemos. Isto é unha aportación a unha maior amplitude de miras, creo eu.
Sexto exemplo: unha clase de Matemáticas. Digo eu, por que non falar de problemas das matemáticas que todo o mundo poida entender e que estean sen resolver, como a conxectura de Goldbach, ou incluso de problemas xa resoltos e que custaron grandes esforzos. Por que non dicir que en parte grazas ao Último Teorema de Fermat se desenvolveu a teoría de grupos. Así pódese comezar explicando a crenza de que a ecuación x^n+y^n=z^n non ten solucións enteiras non triviais pra n\geq 3, logo explicar un grupo por medio dun cubo de Rubik, e finalmente deducir desta relación entre a ecuación e o cubo de Rubik que o fundamental nas matemáticas son as relacións.
Sétimo exemplo: a voltas coa Historia, outra clase, neste caso sobre o crack do 29 e a gran Depresión que lle segueu. Digo eu, por que non contextualizar o momento histórico e logo mostrar dous documentais como son “Brother, Can You Spare a Dime” (1975) de Philippe Mora e “1929” (2009) de William Karel, e o filme de ficción “They Shoot Horses, Don’t They?” (1969) de Sydney Pollack.
Oitavo exemplo: máis clases de Historia. Digo eu, por que non promover exercicios de investigación entorno a teorías da Historia carentes de rigor ou directamente falsas. Por exemplo, nos contextos de Grecia e Roma clásicas, pódense facer lecturas das Historia’s de Heródoto, Tucídides e/ou Tito Livio, que sabemos que na escuridade dos tempos antigos describen a Historia a partir da memoria que todo o esvae e até chegan a mesturala coas lendas e mitos; e logo destas lecturas, pódense propor exercicios de investigación e descrición sobre o que se sabe realmente dos períodos históricos en cuestión. Outro exemplo son as diversas teorías negacionistas: entorno ao Holocausto, entorno ao VIH como fonte causante do SIDA (isto pode tratarse tamén nunha clase apropiada de Bioloxía), entorno a chegada á lúa (que ten como referente o famoso falso documental de William Karel que mostro abaixo), etc. E non só se poden facer exercicios de investigación sobre estes temas, senón tamén debates en clase a partir da información recopilada por alumnos e mestres. Non se trata de negalas directamente, porque ben sabido é que a Historia a escreven os vencedores, senón de discorrer entorno a elas, buscar os seus puntos débiles e contraargumentalas, ou argumentalas. Así non só se fomenta o interese pola investigación, senón tamén o espírito crítico.

Noveno exemplo: en calquera materia, digo eu, por que non puntuar a recompilación de novas de actualidade relacionadas, xa non coa temática desenrolada dentro do (programa do) curso, senón coa materia en si, sexa Historia, Xeoloxía, Bioloxía, Matemáticas, Economía, Filosofía, Música, Lingua, etc. Dende descubrimentos até polémicas pasando por premios, publicacións de libros e demais.
Décimo exemplo: nunha clase de Historia sobre a prehistoria, pero tamén ao inicio de calqueira curso d’Historia, Filosofía, Arte, Música ou incluso Bioloxía, un filme imprescindíbel que se debería proxectar é o documental en 3D “Cave of Forgotten Dreams” (2010) de Werner Herzog, xa que mostra ao ser humano tal e como é, identifícao polas súas particularidades na natureza e no mundo e da por tanto coa chave a súa comprensión mediante o que o fai peculiar, por exemplo que sexa homo sapiens. Amais ten que ver con cada unha das especialidades mencionadas e seguramente con outras. Pero sobre todo, atopo o aspecto máis importante deste documental na reivindicación da sintonía entre Cultura e Vida que defendo neste texto e que está subxacente ao filme, ou o que ven significando o mesmo, a reivindicación da busca da Beleza (estética, ética, entendemento, etc.) como sentido da Vida.
Xa sei que todo isto é caro e que non hai moitos cartos. Pero non todo é tan caro e os cartos que hai poderían empregarse mellor, como comentei máis arriba. Xa sei que non hai tempo, porque hai programas que cumprir e exames cos que avaliar aos alumnos. Pero acaso non é o mestre o que ensina e non os que fan as leis? Acaso non é un deber (ético) facer un acto de insubordinación por parte dos mestres por dar unha mellor educación, especialmente os anos ao final dos cales non hai unha Selectividade, Reválida ou o que sexa? Acaso non se pode avaliar a un alumno polo interese que mostra -sempre, claro está, que o funcionamento do curso sexa o adecuado- na temática da materia, sexa a través de filmes, saídas ou outras opciós, en lugar de pesados exames?

Advertisements

Etiquetas: , , , ,

2 Respostas to “Día tras día. 25-Fructidor, ano CCXX, Écrevisse. Sobre a Educación”

  1. Vivre sa vie. A prol das sensacións III « Pitagorico17′s Weblog Says:

    […] Pitagorico17′s Weblog Pitagoras poderíase ler pit-agora, pai do agora, a praza pública da polis grega, onde se fala de temas varios « Día tras día. 25-Fructidor, ano CCXX, Écrevisse. Sobre a Educación […]

  2. Adéu a la Universitat. Fahrenheit 451. « Pitagorico17′s Weblog Says:

    […] da Vida e en particular cara algunhas formas de diversión, como defendo nos primeiros parágrafos aquí, ao tempo que é unha axuda cara atopar aquilo que nos emocione da millor das formas […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: