Día tras día. 16-Vendémiaire, ano CCXXI, Belle de nuit

A  chamada en francés belle de nuit é a especie Mirabilis jalapa, conhecida en galego como dondiego, maravilha (de mirabilis) ou incluso, en Alende, como herba triste. É unha planta que aparece na costa galega como especie invasora, e que é orixinaria de Sudamérica e Centroamérica (Jalapa é unha cidade de México).

A Idade Media é as pinturas de Hans Baldung Grün, a novela Là-Bas por Joris-Karl Huysmans, o trasfondo do cine de Luis Buñuel, o relato Os cantos de Maldoror polo Conde de Lautréamont (Isidore Ducasse), a morte e as súas manifestacións, no Totentanz da Franz List, en O sétimo selo de Bergman, en Der müde Tod de Fritz Lang, etc. o demo e as súas diversas formas, como Mefisto nas diversas versións de Faust, tamén adquirindo a forma de vampiro sexa en obras como Drácula por Bram Stoker, Nosferatu por Murnau, Vampyr por Dreyer, etc.; a Idade Media tamén son os trobadores, os xograres, os monxes e monasterios como en O nome da rosa, os labirintos, as bibliotecas, a maxia, o misterio, Xoana d’Arc -por exemplo a de Dreyer-, e a Divina Comedia de Dante.

Advertisements

Etiquetas: ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: