Poetisa xudía xermana pertencente ao movemento expresionista. Nada en Wuppertal -cidade onde se asentou definitivamente a coreógrafa Pina Bausch e o seu grupo de danza-, tivo grande influencia na vida do cineasta Friedrich Wilhelm Murnau. Igual que se fala da sociedade vienesa entorno ao Círculo de Viena (G. Mahler, Alma Mahler, Schönberg, Klimt, Wittgenstein, Freud, etc.) de comezos de século, en perfecto paralelismo percibimos unha “familia expresionista” da que formarían parte Else Lasker-Schüler, F. W. Murnau, os pintores Alfred Kubin, Franz Marc, Ludwig Meidner e Kandinsky, a propia Pina Bausch, Max Reinhardt (punto en común entre Pina e Murnau), Fritz Lang, o actor Emil Jannings, etc.
Etiquetas: Arte contemporánea, Ciencia e Historia, Cine
Deixar unha resposta