Día tras día. 19-Vendémiaire, ano CCXXI, Tournesol

Tiresia: […] Ti sei mai chiesto, Edipo, perché gli infelici invecchiandosi accecano? (Tirésias: […] Preguntácheste algumha vez, Edipo, por que o infeliz ao envelhecer volve cego?)

I ciechi, Dialoghi con Leucò, Cesare Pavese

Como a evidente tradución que a intuición nos indica, a planta chamada en francés tournesol é o xirasol, nome de orixe italiano que significa “que xira co sol”. O seu nome científico é Helianthus annuus. Non lle adicarei máis espazo xa que é bastante afamada.

Roberto Rossellini, o cineasta máis importante do neorrealismo italiano, racionalista que defendía a utilidade do cine como aparato educador. Neste aspecto, cría que da Nouvelle Vague, grupo de realizadores franceses que o tinha como un dos seus maiores inspiradores, o único que non o traicionara foi Godard. Decía dos Fellini, Antonioni, Pasolini, Bergman, etc. que, inda que tinhan calidade estética, facían cine do lamento e, por tanto, que non servía. Amais de Godard, penso que outros cineastas que farían ese tipo de cine educador poderían ser Agnès Varda (e.g.: Agnès de ci de là Varda), Werner Herzog (e.g.: Cave of Forgotten Dreams) ou Alexander Kluge (e.g.: Nachrichten aus der ideologischen Antike – Marx/Eisenstein/Das Kapital). Así, quizais este cine continúa na linha do último filme do realizador italiano, feito sobre a apertura do Centre Pompidou.

Estou comezando a ler a serie de breves diálogos escrita polo poeta italiano Cesare Pavese e titulada Diálogos con Leucó [Tusquets, esp.] (libro que conhecín grazas ao texto de Italo Calvino que aparece aquí). En realidade só levo lidos os tres primeiros, A nube, A quimera e Os cegos, mais as primeiras impresións son extraordinarias. Cada enunciado provoca un tremor na mente e unha erupción de pensamentos entorno a todo o que pode querer dicir. Por outra banda, posúe a fascinación máxica do estremecedor, do misterioso dalgúns lugares da natureza envoltos en néboa, ou dos rituais antigos -uns lexendarios, outros reais-, como algúns dos relatos de Lovecraft.

Advertisements

Etiquetas: , , , , ,

Unha resposta to “Día tras día. 19-Vendémiaire, ano CCXXI, Tournesol”

  1. Día tras día « Pitagorico17′s Weblog Says:

    […] coa crítica dos valores, mentres os do autor italiano posúen o fulgor da lírica. Comentaba numha entrada anterior a lectura que agora xa acabei dos Dialoghi con Leucò. Aí a lírica atópase na […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: