Cartridge Music, de John Cage, en Barcelona

Con motivo das conmemoracións polos 100 anos do nacemento do compositor estadounidense John Cage, onte foi interpretada (por vez 1ª en todo o Estado espanhol) a peza Cartridge Music, no espazo Arts Santa Mònica, situado ao final do famoso paseo d’As Ramblas de Barcelona. Ideada en 1960, o seu nome fai referencia aos cartuchos que sostinhan as agullas nos gramófonos daquela época, e nos que nesta obra se insiren obxectos diversos dos que xorde o son.

O taboleiro no que foi interpretada ‘Cartridge Music’. Fotografía de Albert Murillo.

Catro follas transparentes, sobre as que hai debuxados puntos ou linhas e que hai que sobrepór sobre unha serie de follas opacas nas que están representadas figuras irregulares, marcan indicacións temporais e de organización aos intérpretes, pero estes tenhen umha certa liberdade pra decidir os sons que tocan. Amais as follas colócanse umhas sobre outras de forma aleatoria -a elección do músico- sempre baixo unhas instrucións (e.g.: ten que haber polo menos 3 interseccións entre os puntos e a linha descontinua). Por iso, neste caso máis que nunca os intérpretes son creadores ao tempo e por tanto artistas no sentido máis estrito do concepto.


Os artistas foron Alfredo Costa Monteiro, Ferran Fages, Juan Matos Capote, Lali Barrière, e Nuno Rebelo.

Lali Barrière e outros dos artistas interpretando ‘Cartridge Music’. Fotografía de Mila Rodríguez.


Finalmente deixo o programa desta e outras actividades, no que atoparedes máis información:PROGRAMA-JOHN CAGE-Sons en llibertat-CAT

Advertisements

Etiquetas: ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: