A iconografía do mito de Adonis

A filha do rei Cíniras de Chipre (ou dun rei asirio), Esmirna -logo chamada Mirra- foi castigada por Afrodita a namorarse do seu pai. Tras xacer con el, ao decatarse este de que era a súa filha intentouna matar, pero ela logrou fuxir e os deuses ocultárona metamorfoseándoa na árbore de mirra, do que naceu o filho de ambos, Adonis.

La nascita di Adone (c. 1685-1690), Marcantonio Franceschini, Staatliche Kunstammlungen (Dresde)


La naissance d’Adonis (1623), fragmento (fáltalhe -como se pode ver- a esquina inferior dereita) dun debuxo de Nicolas Poussin encargado polo Cabaleiro Marin, Royal Library, Windsor Castle

A súa beleza fixo que a mesma Afrodita namorásese del; esta escondeuno num cofre que confiou a Perséfone pra súa salvagarda, pero a raínha dos mortos tamén namorou del e non quixo devolverlho á deusa do amor. Zeus, como xuíz desta disputa, mandou que Adonis estivese cada ano uns meses con Afrodita e outros con Perséfone.

O arbitrio de Zeus con Afrodita e Perséfone de pé aos lados e con Adonis xacente sobre un leito na parte inferior, pelike de Apulia (mediados do s. IV a.C.), Museo Arqueolóxico Nacional (Nápoles)

O paso de estar con Afrodita a canda Perséfone asociaríase coa súa accidente mortal. Numha cacería, Adonis morre ferido por un xabaril, que din algúns que puido ser (enviado por) Ares, celoso amante d’Afrodita. Entón Afrodita chorouno, e da súa sangue brotaron vermelhas anémonas.

La mort d’Adonis (1742), gravado de Louis Surugue segundo François Boucher, Bibliothèque Nationale de France (Paris)


L’Empire de Flore (1631), Nicolas Poussin, Gemäldegalerie Alte Meister (Dresde)


La Mort d’Adonis (1536), Giovanni Battista di Jacopo, tamén chamado il Rosso Fiorentino, Galerie François I, Château de Fontainebleau


Venus de loito por Adonis (c. 1580), Paolo Veronese, Nationalmuseum (Stockholm)


Vénus pleurant Adonis (c. 1627), Nicolas Poussin, Musée de Beaux-Arts (Caen)

Este mito interpretaríase en clave estacional (segundo os cultos que se lhe rendían e as teorías do antropólogo sir James Frazer), identificándose o tempo que Adonis pasara no Hades coa raínha dos mortos co tempo invernal (de finais d’outubro até febreiro-marzo) e a estancia con Afrodita coa renovación anual da verdor durante a primavera e o seu clímax ao longo do verán [hipótese: pódese observar que o termo “inverno” procede do latín hibernu, que ten certo parecido co nome Averno, lugar de entrada ao Hades e co que se identifica en ocasións; do mesmo modo “inferno” procede de infernu, manténdose as similitudes].
Parece ser que este mito ten a súa orixe en oriente e noutras mitoloxías, como mostra o feito de que se celebrasen cultos similares en toda a cunca oriental do Mar Mediterráneo, dende Exipto até Grecia pasando por Biblos e o cercano río conhecido hoxe coma Nahr Ibrahim (concretamente nas súas fontes en Afqa). Así, mentres Afrodita sería umha asimilación da deusa sumeria Inanna, Adonis seríao do pastor Dumuzi, nomes adaptados polos semitas (acadio-babilónicos) como Ishtar e Tammuz respectivamente. Estes deuses do Levante serían levados polos fenicios até Chipre, onde os gregos os acolherían.



Adone e Venere (68-79 d.C.?), fresco da casa de Adonis ferido (casa di Adone, VI.7.18, Pompeia) [copyright © Jackie e Bob Dunn]



Vénus trouvant le corps d’Adonis (1830), despois de nacer (ou morrer?) este, obra de Giovanno Francesco Barbieri, tamén conhecido como il Guercino (Dresde)

Nas seguintes pinturas represéntase o momento en que Adonis parte de caza por derradeira vez antes de morrer, mentres Afrodita trata de impedilo.

Venus y Adonis, Tiziano-Museo del Prado
Venere e Adone (1553-1554), Tiziano, Museo del Prado (Madrid)


Venere e Adone (1580), Paolo Veronese, Museo del Prado (Madrid)


Venus e Adonis (c. 1610), Peter Paul Rubens, Museum Kunstpalas (Düsseldorf)


Venus e Adonis (c.1635), Peter Paul Rubens, Metropolitan Museum (New York)


Vénus et Adonis (c. 1625), Nicolas Poussin, Rhode Island School of Design, Museum of Art (Providence, Rhode Island)


Vénus et Adonis (c. 1650), Nicolas Mignard, Minneapolis Institute of Arts (Minneapolis, Minnesota)


Vénus et Adonis (1729), François Lemoyne, Nationalmuseum (Stockholm)

Diversos sarcófagos refiren o conxunto do mito do cazador. Aquí hai algumhas imaxes. Máis sobre o mito de Adonis (incluidas representacións pictóricas) encontrarédelo en francés aquí.


Anémonas vermelhas, coma as que xurdiron da sangue d’Adonis trala súa morte.

Advertisements

Etiquetas:

Unha resposta to “A iconografía do mito de Adonis”

  1. Afrodita | Pitagorico17's Weblog Says:

    […] A deusa tamén é recordada pola infidelidade co seu esposo Hefesto, preferindo ao seu amante Ares, con quen tivo a súa filha Harmonia. Tamén foi nai de Hermafrodito con Hermes e de Príapo con Dionisos, entre doutros, e amou a Adonis. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: