Archive for Decembro 2012

A iconografía do mito de Anfiarao e os Sete contra Tebas

Decembro 17, 2012

Anfiarao, filho de Oícles (e de umha suposta Hipermnestra filha de Testio) foi um adivinho que precedeu como rei de Argos a Adrasto (neto de Biante, o irmán de Melampo, quem foi bisavó de Anfiarao, de modo que todos son descendentes do tesalio Creteo, filho de Eolo e Enárete). Tras umha desputa entre eles Anfiarao casou con Erifile, irmá de Adrasto, quem fixera que se reconciliasen e que xurasen que en posteriores liortas entre ámbolos dous acatarían as súas decisións.
Adrasto comprometeuse a axudar a Polinices (filho de Edipo) -quem casou com umha das súas filhas- a recupera-lo trono de Tebas, en mans do seu irmán Eteocles. Anfiarao sabía que a expedición acabaría mal e negouse a ir, mais Erifile, seducida polo colar que lhe foi ofrecido por Polinices, decretou que Anfiarao tinha que ir. Tra-la derrota da expedición dos Sete contra Tebas, Anfiarao foi engulido co seu carro pola terra.

Polinices dando a Erifile o colar de Harmonia-Enócoe ático de figuras vermelhas circa 440aC atopado en Italia - Louvre
Polinices dando a Erifile o colar de Harmonia, enócoe ático de figuras vermelhas (c. 440 a.C.), Louvre

Anfiarao sanando aos enfermos-Oropo
Anfiarao sanando aos enfermos asinado por Arjinos (Archinos), relevo do santuario do oráculo de Anfiarao en Oropo (s. IV a.C.), Museo Nacional (Atenas)

Urna etrusca (Volterra), Anfiarao, Erifile, Polinices
Erifile convence a Anfiarao a que acuda coa expedición dos Sete contra Tebas. De esquerda a dereita aparecen: Atlante (ou Telamón) sostém do ceo, umha criada de Erifile, Anfiarao, o rapaz pequeno aos pes do leito é Alcmeón -filho de Anfiarao (quem posteriormente sufriría fortuna similar á do seu pai)-, Erifile está enriba do leito, Polinices -que aparece encolhido sostendo na man esquerda o colar de Harmonia que lhe ofrece a Erifile-, detrás de Polinices umha Erinia alada que representa a vinganza (Alcmeón matará a súa nai Erifile), logo outra criada de Erifile e finalmente os pes do que debería ser aoutro Atlante (ou Telamón). Urna etrusca (s. I a.C.), Volterra

Urna etrusca (Volterra), Anfiarao engulido pola terra
Anfiarao e o auriga na súa cuadriga sepultados pola terra. De esquerda a dereita: um guerreiro que nom parece fácil d’identificar, Anfiarao enriba do carro, o auriga, e umha Erinia cum facho tirando da cuadriga. Urna etrusca (s. I a.C.), Volterra

Anfiarao, Domenico del Barbiere, gravado, s. XVI
Amphiarao e o carro engulidos pola terra (s. XVI), gravado de Domenico del Barbiere (tamén conhecido como Dominique Florentin), LACMA (Los Angeles, California)

Para ver máis urnas etruscas, aparecen neste libro coas imaxes explicadas: Monumenti etruschi o Di etrusco nome (en italiano). Para outras imaxes do mundo grego antigo (numha está Anfiarao no carro) tamén pode verse Greek Late Classical. Finalmente deixo un vídeo (en inglés) entorno ao Anfiareion de Oropo:

E o lied Amphiaraos D 166 de Franz Schubert, con texto do poema homónimo de Theodor Körner (1791-1813), interpretado por Dietrich Fischer-Dieskau e Gerald Moore:

Advertisements