A iconografía do mito de Afrodita

Unha das deusas olímpicas. Dise dela que foi deusa do amor e a beleza. Non está claro que quere dicir isto, se temos en conta que en grego antigo hai distintos termos que hoxe unificamos na idea moderna de amor, como eros, agape e filia. A pesares de que nun post anterior afirmei que o Afrodita era deusa do eros, agora penso que, posto que o amor sensual xa está personificado na figura de Eros -para os órficos orixe do universo, para outros filho de Afrodita-, a Afrodita correspóndelhe outro rol, quizais o do amor sexual máis explícito, tendo en conta a súa orixe na esperma de Urano (o Ceo). En resumo, entendo que é a deusa de sedución, da atracción pola beleza física, e das sensacións e impresións causadas por esta atracción.
Venus y Cupido (c1530)- Lucas Cranach, el joven.-Munichjpg
Venus e Cupido (c. 1530), Lucas Cranach o Novo, Alte Pinakothek (Munich)
Pero como mito, as lecturas que del se fixeron foron diversas, en particular as de Platon ou as de Pausanias; desta maneira atopamos a Afrodita Urania (celeste) -deusa dun amor máis ben puro, de ánima, que físico-, Afrodita Pandemos (popular) -deusa do amor carnal como a entendemos habitualmente- e outras.
Venus pandemia-espejo corintio de bronce (c 370aC)-Louvre
Afrodita Pandemos sobre un cabrón agarrándose aos seus cornos, espelho corintio de bronce (c. 370 a.C.), Louvre

Afrodita de Cnido (copia romana de la obra de Praxíteles que tiene a Friné como modelo) - Museo Pio-Clementino (Vaticano)
Afrodita de Cnido (s. II d.C.), copia romana en mármore da escultura de Praxiteles que ten a Friné como modelo, Museo Pio-Clementino (Vaticano)

Aphrodite (Venus of Taurida) Ancient Greece-2nd century BC (The State Hermitage Museum, St Petersburg)
Venus de Taurida (s. II a.C.), The State Hermitage Museum (St. Petersburg)

Aphrodite, dite Vénus de Milo Vers 100 avant JC-Louvre
Afrodita (Erich Lessing, Philippe Sollers)
Venus de Milo (finais do s. II a.C.), obra de mármore, Louvre

Aphrodite accroupie Oeuvre romaine d'époque impériale(Ier - IIe siècle après JC)-Louvre
Venus agochada (s. II d.C.), obra de mármore, Louvre. Máis información aquí.

Esquiline Venus (30 - 70) (Musei Capitolini, Museo del Palazzo dei Conservatori, Halls of the Horti Lamiani)
Venus Esquilina (30-70 d.C.), Museo del Palazzo dei Conservatori-Sala dos Horti Lamiani, Musei Capitolini (Roma)

Segundo Hesíodo, deusa nacida da escuma branca do mar -ou aphros– saída dos xenitais de Urano despois de que Crono o castrase cortándoos cunha fouce. Uns din que foi preto da ilha de Citera, mais outros o sitúan preto dalgunha praia da ilha de Chipre, seguramente no suroeste, non moi afastado de Pafos -ou de Amatús, segundo outros-, lugares célebres polo culto que se lhe rendiu, de orixe fenicio. Porque tal como o mito hesiódico do seu nacemento parece ter unha orixe oriental, a Afrodita grega (a Venus romana) ten demasiadas similitudes como para ser casuais coa Astarte fenicia, que a súa vez é a acadio-babilónica Ishtar, a sumeria Inanna ou a cananea (palestina) Ashtoreth, cuxas semelhanzas coa exipcia Isis tampouco son poucas.
A Afrodita así nacida chamouse Afrodita Anadiómena (’Αναδυομένη=xurdida dos mares).
Nacimiento de Venus-Trono Ludovisi (c460aC), Museo Nacional de Roma (de las Termas)
Nacemento de Venus, Trono Ludovisi (c. 460 a.C.), Museo Nacional ou das Termas (Roma)

Venus de Medici (I aC)-Galeria degli Uffizi
Venus Medici, acompanhada dun delfín e unha cuncha (s. I a.C.), copia romana en mármore dun orixinal en bronce do s. III a.C., Galleria degli Uffizi (Firenze)

La nascita di Venere-Boticelli (Lane Fox-cap 16-n42)
Nascita di Venere (c. 1482-1485), Sandro Botticelli, Galleria degli Uffizi (Firenze). Neste cadro atopamos a Zéfiro -deus do vento do oeste e da brisa marinha- xunto a Cloris -deusa das flores e ninfa das Ilhas dos Bemaventurados (segundo os Fasti de Ovidio)- á dereita de Afrodita, e a súa esquerda a Hora da Primavera.

Alexandre Cabanel - Naissance de Vénus (1863)
Naissance de Vénus (1863), Alexandre Cabanel, Musée d’Orsay (Paris)

Venus en una concha marina-Fresco Pompeya (I aC)
Venus nunha cuncha marina (s. I a.C.), fresco de Pompeia.

Recordemos que o mito homérico diferénciase do hesiódico no nacemento de Afrodita, xa que segundo o gran poeta a deusa do amor foi filha de Dione.

O troiano Paris otorgoulhe a mazá que consagraba a súa superior beleza, a cambio de Helena, esposa de Menelao, o que causou a guerra de Troia, na que Afrodita defendeu ao bando troiano e logrou manter a Eneas con vida, quen logo fuxiría a Italia e que foi filho seu que concibiu do mortal Anquises.

A deusa tamén é recordada pola infidelidade co seu esposo Hefesto, preferindo ao seu amante Ares, con quen tivo a súa filha Harmonia. Tamén foi nai de Hermafrodito con Hermes e de Príapo con Dionisos, entre doutros, e amou a Adonis.

A deusa foi representada moi a miúdo saíndo do banho.
Capitoline Venus (96 - 192) (Musei Capitolini)
Venus Capitolina (s. II d.C.), copia en mármore dun orixinal de Praxiteles do s. IV a.C., Musei Capitolini (Roma)

Venus Calipigia, Museo Nacional de Nápoles
Venus Callipigia (c. s. II d.C.), copia en mármore dun orixinal grego (suposto en bronce) de c. s. IV a.C., Museo Arqueolóxico Nacional (Nápoles)

Venus con espejo (1555), Tiziano, Washington National Gallery
Venus con espelho (1555), Tiziano, National Gallery of Art (Washington)

Tamén son diversas as representacións nas que aparece en repouso logo do Renacemento.
Venus dormida de Giorgione
Venus dormida (c. 1508-1510), Giorgione, Staatliche Kunstammlungen (Dresde)

Venus de Urbino (1538), Tiziano, Uffizi
Venus de Urbino (1538), Tiziano, Galleria degli Uffizi (Firenze). Máis información aquí.

Venus del espejo (1650)-Velázquez-National Gallery (London)
Venus del espejo (c. 1650), Diego Velázquez, National Gallery (London)

Venus victrix-Pauline Bonaparte (1805-1808) Antonio Canova-Borghese
Venus Victrix ou Pauline Bonaparte  (1805-1808), Antonio Canova, Galleria Borghese (Roma)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: