Archive for Xullo 2013

A iconografía do mito de Penteo

Xullo 30, 2013

Penteo, rei de Tebas, filho de Equión e Ágave, sendo esta irmá de Sémele -nai con Zeus de Dionisos- e ambas filhas de Cadmo e Harmonia, esta última filha a súa vez de Ares e Afrodita.
Dionisos chega a Tebas procedente da súa viaxe por Asia e pretende implanta-lo seu culto facendo que as mulheres fuxan ao monte Citeron, onde as ménades o festexan. Penteo fai que detenhan a Dionisos, pero este líbrase e entón é o propio rei quen acude ao monte influído polo deus. Alí as ménades encabezadas pola súa nai Ágave o desmembran.

Wine cooler (psykter) with the death of Pentheus
A morte de Penteo, ou psicter de Eufronio (c. 510 a.C.), Museum of Fine Arts (Boston)

Penteo desmembrado polas ménades
Penteo desmembrado polas ménades-detalle
Penteo desmembrado polas ménades, hidria ática (c. 500 a.C.), Antikensammlung (Berlin)

1381_18
Smembramento di Penteo (1548-1550), Daniele da Volterra, pertencente aos Frescos báquicos do Pazo Farnesio (Roma)

Advertisements

Da tensión entre beleza e amor, e castidade xorde a vida

Xullo 3, 2013

Declaracións de Alejandro Vergara, (xefe de conservación de pintura flamenca e Escolas do Norte do Museo del Prado), comisario da exposición Rubens (2011), entorno á mesma: “Moitos dos últimos cadros de Rubens os protagonizan ninfas e sátiros, personaxes contradictorios de cuxa tensión xorde a vida; as ninfas son mulheres novas e fermosas, mais tamén castas; os sátiros son personaxes medio animais, medio humanos que habitan os bosques e que son lascivos, e que van perseguindo constantemente ás castas ninfas. De esa contradicción xorde a vida, de esa tensión entre beleza e amor por unha banda, beleza e amor que orixinan desexo, e castidade pola outra xorde a vida. E iso é o que nos propón Rubens na súa pintura en última instancia e sobre todo na derradeira época da súa vida; unha exaltación, fundamentalmente a través do amor da vida coma unha constante que se vai xerando continuamente.”

ninfas y satiros
Ninfas e sátiros (1615-1640), Peter Paul Rubens, Museo del Prado (Madrid)

A iconografía do mito de Agamemnon

Xullo 3, 2013

Rei lendario de Micenas que sucedeu a Tiestes, irmán do seu pai Atreu. Irmán de Menelao, casouse con Clitemnestra, coa que tivo os filhos Orestes, Ifixenia, Electra e Crisótemis.

Por orden de Artemisa, Agamemnon tivo que sacrificar a súa filha Ifixenia.
El sacrificio de Ifigenia-Fresco Pompeya-siglo I aC-Casa del poeta trágico, Agamenón embozado se aleja de la escena del sacrificio de Ifigenia
O sacrificio de Ifixenia no que Agamemnon foxe ocultando o seu rostro (s. I a.C.), fresco da casa do Poeta Tráxico (casa del Poeta Tragico, Pompeia), Museo Arqueolóxico Nacional (Nápoles)

Ifigenia
Ifixenia ante o sacrificio da cal Agamemnon cobre o seu rostro (1757), Giovanni Battista Tiepolo, fresco da Villa Valmarana

Le sacrifice d’Iphigénie
Le sacrifice d’Iphigénie (1685), Jean Jouvenet, Musée des Beaux-Arts (Troyes)

Participou na guerra de Troya. Na mesma, os gregos capturaron a Criseis e a Briseis. Esta última foi asignada a Aquiles, mentres a primeira a Agamemnon. Cando, por respecto a Apolo, o rei tivo que devolver a Criseis -porque o seu pai era sacerdote do deus-, lhe arrebatou Briseis a Aquiles, quen reaccionou negándose a continuar loitando na guerra até que lhe foi retornada.
SkyphoMacron
O rapto de Briseis por Agamemnon seguida de Talzibios e Diomedes, ou skyphos de Macrón (c. 480 a.C.), Louvre

Briseida conducida hasta Agamenon, Tiépolo, fresco de Villa Valmarana (1757)
Briseis levada xunto a Agamemnon (1757), Giovanni Battista Tiepolo, fresco da Villa Valmarana

Briseida devuelta a Aquiles, Rubens, El Prado
Briseis devolta a Aquiles (1630-1635), Museo del Prado (Madrid)

A súa volta a Micenas Agamemnon foi víctima de Existo en complot coa súa amante e mulher do rei, Clitemnestra. A mesma asasinou xusto despois á profetisa Casandra. Logo deste feitos, Orestes, impulsado pola súa irmá Electra, vingouse matando a Clitemnestra e a Existo.

DokimasiaPainter-EgistoAgamemnon
DokimasiaPainter-OresteEgisto
DokimasiaPainterKrater
A morte de Agamemnon e a vinganza de Orestes, cratera do pintor de Dokimasia (c. 460 a.C.), Museum of Fine Arts (Boston). Na imaxe inferior vemos a cratera observada dende distintos ángulos ordenados coma se a fósemos xirando (mirándoa dende arriba) no sentido das agulhas do reloxo. Na segunda perspectiva, que vemos en grande na imaxe superior, atopamos a Existo agarrando pola cabeza a Agamemnon e disposto a afundir por segunda vez o seu punhal nel. Detrás d’Existo espera Clitemnestra cunha machada coa intención de asesta-lo golpe definitivo e de matar á profetisa Casandra, quen quizais é unha das tres mulheres que observan o crime, mentres as outras dúas poderían ser as filhas de Agamemnon, Crisótemis e Electra. Na cuarta perspectiva, en grande na imaxe central, asistimos á vinganza de Orestes, que asasina a Existo estimulado por Electra mentres aparece por detrás súa Clitemnestra cunha machada de dobre folha disposta a matalo.

Conclúo cunha observación: aparécese evidente que a relación entre Agamemnon e os filhos de Leto non foi moi boa.