Archive for Outubro 2013

Lou Reed (02/03/1942 – 27/10/2013)

Outubro 27, 2013

72-velvet_underground

Advertisements

Homenaxe a Barbara Buchholz

Outubro 12, 2013

Hoxe decateime, con bastante atraso, do falecemento por un cancro de Barbara Buchholz, compositora e intérprete de theremin, o día 4 de abril de 2012.

Sempre gardarei un entrañable recordo de estar nun espectáculo seu cun fondo visual preparado pola artista rusa Olga Kumeger, no festival Músicas de Europa- Castillo de Ainsa, en agosto de 2004, do cal espero dixitalizar algún día a gravación que fixen e que conservo en formato VHS.

Polo de agora, a modo de homenaxe, déixovos co seguinte vídeo:

Impulso – Etimoloxía

Outubro 6, 2013

Segundo a máis interesante das acepcións do Estraviz para o que me interesa, “desejo, pensamento ou motivo afectivo que move a fazer ou nom subitamente uma cousa sem controlo da vontade”. É umha força, é um estímulo.
Procede do latín, impulsus, participio perfecto pasivo de impellere, composto da partícula in e de pèllere, que observamos tamén orixina o termo repelir, que é votar fora, alonjar, mais ao tempo é vencer.

A persoa impulsiva déixase levar impulsivamente polos impulsos impulsores. O impulso nom é outra cousa que um im-pulso, umha bategada interna e tamén um símbolo de vitalidade (de vida). Siegfried móvese esencialmente por impulsos. Se a emoción é o sentimento do que se percebe, o impulso é o do que se emite.

O mundo pode ser frío, pero inda existen sentimentos. ¿Que sería a vida sen eles?

Outubro 5, 2013

“O mundo pode ser frío, pero inda existen sentimentos. ¿Que sería a vida sen eles?” Extraida do filme Bian Lian (1996) de Wu Tianming.

Precisamente, quizais son os sentimentos os que fan que o mundo non sexa frío. Mais está claro que a vida sen eles non sería vida. A natureza é ante todo un conxunto de emocións que se interrelacionan umhas con outras. Isto transmitiuno moi ben Wagner mediante algumhas palabras de Siegfried ao longo dos dous primeiros actos da ópera homónima. E tamén Einojuhani Rautavaara a través dumha descrición máis explícita e suxerente no seu concerto Cantus arcticus Op. 61.