Archive for Xaneiro 2014

Claudio Abbado (26/06/1933 – 20/01/2014)

Xaneiro 20, 2014

Ben merece umha homenaxe este director de orquesta italiano ao cal eu e estou seguro que boa parte da minha xeración e de moitas pasadas debémoslhe en grande medida o noso oído musical, a nosa percepción no campo da música clásica ou culta. Un dos máis grandes, un gran clásico da interpretación do século XX e comezos do XXI. Vivo para sempre a través das súas versións e da súa labor.

Publius Decius Mus

Xaneiro 19, 2014

Publio Decio Mus (ou Públio Décio) foi un político e militar romano que destacou por dous actos heroicos que Tito Livio narra nos libros VII e VIII da súa Historia de Roma (Ab Urbe Condita).

O primeiro (relatado en Livio, VII, 34-36) foi o ano 343 a.C. (anno 411 a.u.c.), cando era tribuno militar, no comezo das guerras samnitas, ao salvar ao exército do cónsul Cornelio dunha derrota segura debida á mala posición tomada, grazas a súa valentía e as súas acertadas decisións estratéxicas. Sintetizando, Públio e as primeiras linhas dumha soa lexión avanzaron até o alto dum outeiro que avistara previamente e dende alí atacaron ao inimigo pola noite, mentres o resto do exército fuxía.


Os obsequios de Decio Mus (1616/1617), Peter Paul Rubens

O segundo feito polo que será recordado é a súa autoinmolación na guerra contra os latinos no ano 340 a.C. (anno 414 a.u.c.), cando era cónsul xunto a Tito Manlio Torquato. Esta sacrificio era previsto para um dos cónsules polos presaxios relatados en Livio, VIII, 6, e as últimas sinais, sobre todo o mal que lhe ía a batalha á formación de Publio, relatadas ao inicio de Livio, VIII, 9, fan que este se decida a chamar a Marco Valerio Corvo pra ofrecerse en sacrificio aos deuses mediante umha deuotio..

Decio Mus preparándose pra morrer (1616/1617), Peter Paul Rubens
Logo “saltou armado sobre o seu cabalo e lanzouse no medio do inimigo á vista de ambos exércitos cun aspecto bastante máis augusto ca un humano…” facendo presas dun espanto abismal aos inimigos antes de caer “esmagado por lanzas”.


A morte do cónsul Decio (1616-1617), Peter Paul Rubens

Ciclo (de pintura) Decio Mus

O seu filho morreu de forma idéntica.