Amimone é unha das 50 danaides ou filhas de Dánao.
A Argólide, rexión do Peloponeso na que se situaba a cidade de Argos, non puido ser posuída por Poseidón, polo que este decidiu provocar unha gran seca nela.
Ao chegar a Argos e atoparse esta seca, Dánao mandou ás súas filhas en busca de auga. Amimone atopouse polo caminho cun sátiro ao que evitou grazas á intervención de Poseidón, que o atacou co seu tridente.
Sátiros atacan a Amimone, crátera do pintor de Dino (c. 420 a.C.), Kunsthistorisches Museum (Wien).
Neptuno defende a Amimone do sátiro (1764), François Boucher, Grand Trianon – Musée national du château et des Trianons (Versailles)
Este aparelho quedou cravado nunha rocha, de onde brotou unha fonte de auga. Amimone entregouse ao deus dos mares, con quen concibiu a Nauplio.
Poseidón xunto con Amimone na parte inferior da crátera do pintor de Nekia (c. 450 a.C.), Kunsthistorisches Museum (Wien).
Poseidón xunto con Amimone e baixo Eros (s. III), mosaico no Parque Arqueolóxico de Pafos (Chipre).
Etiquetas: Mitoloxía grega
Deixar unha resposta