Archive for the ‘Guía iconográfica da mitoloxía grega’ Category

A iconografía do mito de Amimone

Xaneiro 17, 2016

Amimone é unha das 50 danaides ou filhas de Dánao.

A Argólide, rexión do Peloponeso na que se situaba a cidade de Argos, non puido ser posuída por Poseidón, polo que este decidiu provocar unha gran seca nela.

Ao chegar a Argos e atoparse esta seca, Dánao mandou ás súas filhas en busca de auga. Amimone atopouse polo caminho cun sátiro ao que evitou grazas á intervención de Poseidón, que o atacou co seu tridente.

Satyr attacking Amymone by Dinos
Sátiros atacan a Amimone, crátera do pintor de Dino (c. 420 a.C.), Kunsthistorisches Museum (Wien).
Neptune délivrant Amymone du satyre - Boucher
Neptuno defende a Amimone do sátiro (1764), François Boucher, Grand Trianon – Musée national du château et des Trianons (Versailles)

Este aparelho quedou cravado nunha rocha, de onde brotou unha fonte de auga. Amimone entregouse ao deus dos mares, con quen concibiu a Nauplio.

POSEIDON PURSUING AMYMONE by Nekyia
Poseidón xunto con Amimone na parte inferior da crátera do pintor de Nekia (c. 450 a.C.), Kunsthistorisches Museum (Wien).

Paphos_Haus_des_Dionysos_-_Poseidon_und_Amymone_1
Poseidón xunto con Amimone e baixo Eros (s. III), mosaico no Parque Arqueolóxico de Pafos (Chipre).

Advertisements

A iconografía do mito das Amazonas

Outubro 12, 2014

Dise das Amazonas que foron filhas de Ares e Harmonía que habitaron en torno ao Mar Negro, segundo as diferentes versións no Cáucaso, en Tracia ou en Escitia. Formaron unha sociedade matriarcal guerreira, matando aos filhos varóns. Belerofonte loitou contra elas. Heracles enfrontouse con elas polo cinto de Hipólita, mentres que Teseo raptou a Antíope. Elas en vinganza, foron batalhar até o Ática, onde ocuparon o Areópago ou outeiro de Ares.

Contan tamén que durante a batalha de Troia -na que participaron-, Aquiles namorouse de Pentesilea xusto no momento de matala. Esta última escena conta con diversa representación visual, por exemplo a que se pode ver aquí.

A batalla das Amazonas_1617-1618_Rubens_Alte Pinakothek
A batalha das Amazonas (1615-1618), Peter Paul Rubens, Alte Pinakothek (Munich)

A iconografía do mito de Alfeo e Aretusa

Agosto 3, 2014

Aretusa era umha Náiade companheira de Ártemis, orixinaria do Peloponeso. Um día que estaba dándose um banho no río Alfeo, o deus fluvial -e por tanto filho de Océano e Tetis- da mesma orixe namorouse dela, mais ela fuxiu até a ilha de Ortigia xunto a Sicilia -onde se funda Siracusa-, onde foi transformada en fonte por Ártemis. Alfeo perseguiuna baixo o mar até Sicilia onde mestura as súas augas coas dela.

Moneta_di_Siracusa_(Aretusa)_-_Foto_Giovanni_Dall'Orto
Rostro de Aretusa numha moneda de Siracusa.

Alpheus and Arethusa, 1720
Alfeo e Aretusa (1720), Restout, Musée des Beaux-Arts (Rouen). Nesta obra atopamos a Ártemis rescatando á súa companheira.

A iconografía do mito de Aglauro

Agosto 6, 2013

Filha do rei ateniense Cécrope e de Agraulo, e irmá de Herse e Pandroso. Atenea confiou ás 3 irmás cecrópidas a custodia do cesto onde pechara a Erictonio (filho de Hefesto), coa prohibición de que o abrisen.

Hermes namorouse de Herse e pediu axuda a Aglauro pra acceder a súa amada, mais ela, celosa da súa irmá por disposición de Atenea (tras transgredi-la prohibición de abri-lo cesto), intentou impedi-la cita, co que Hermes transformouna en rocha.

Copa del pintor de Codro-Aglauro y sus hermanas durante el nacimiento de Erictonio
O nacemento de Erictonio (c. 440 a.C.), cílice do pintor de Kodros, Antikensammlung (Berlin). De esquerda a dereita vemos ao rei Cécrope, a Terra ofrecendo ao seu filho Erictonio a Atenea, Hefesto e Herse. Do outro lado están Aglauro, Erecteo (filho de Pandión que a súa vez o é de Erictonio), Pandroso, Egeo (bisneto de Erecteo e pai de Teseo) e Palas (irmán do anterior).

O momento no que Hermes namórase de Herse:
Merkur erblickt Herse
Mercurio contempla a Herse (1654-1655), Jan Boeckhorst, Kunsthistorisches Museum (Wien)

Os dous últimos cadros representan o momento no que Hermes petrifica a Aglauro cun golpe do seu caduceo cando esta intenta evita-lo seu encontro con Herse.
Hermes, Herse and Aglauros
Hermes, Herse e Aglauro (c. 1579), Paolo Veronese, Fitzwilliam Museum (Cambridge)

Mercurio, Herse e Aglauro
Mercurio, Herse e Aglauro (1763), Jean-Baptiste Marie Pierre, Louvre

A iconografía do mito de Penteo

Xullo 30, 2013

Penteo, rei de Tebas, filho de Equión e Ágave, sendo esta irmá de Sémele -nai con Zeus de Dionisos- e ambas filhas de Cadmo e Harmonia, esta última filha a súa vez de Ares e Afrodita.
Dionisos chega a Tebas procedente da súa viaxe por Asia e pretende implanta-lo seu culto facendo que as mulheres fuxan ao monte Citeron, onde as ménades o festexan. Penteo fai que detenhan a Dionisos, pero este líbrase e entón é o propio rei quen acude ao monte influído polo deus. Alí as ménades encabezadas pola súa nai Ágave o desmembran.

Wine cooler (psykter) with the death of Pentheus
A morte de Penteo, ou psicter de Eufronio (c. 510 a.C.), Museum of Fine Arts (Boston)

Penteo desmembrado polas ménades
Penteo desmembrado polas ménades-detalle
Penteo desmembrado polas ménades, hidria ática (c. 500 a.C.), Antikensammlung (Berlin)

1381_18
Smembramento di Penteo (1548-1550), Daniele da Volterra, pertencente aos Frescos báquicos do Pazo Farnesio (Roma)

A iconografía do mito de Agamemnon

Xullo 3, 2013

Rei lendario de Micenas que sucedeu a Tiestes, irmán do seu pai Atreu. Irmán de Menelao, casouse con Clitemnestra, coa que tivo os filhos Orestes, Ifixenia, Electra e Crisótemis.

Por orden de Artemisa, Agamemnon tivo que sacrificar a súa filha Ifixenia.
El sacrificio de Ifigenia-Fresco Pompeya-siglo I aC-Casa del poeta trágico, Agamenón embozado se aleja de la escena del sacrificio de Ifigenia
O sacrificio de Ifixenia no que Agamemnon foxe ocultando o seu rostro (s. I a.C.), fresco da casa do Poeta Tráxico (casa del Poeta Tragico, Pompeia), Museo Arqueolóxico Nacional (Nápoles)

Ifigenia
Ifixenia ante o sacrificio da cal Agamemnon cobre o seu rostro (1757), Giovanni Battista Tiepolo, fresco da Villa Valmarana

Le sacrifice d’Iphigénie
Le sacrifice d’Iphigénie (1685), Jean Jouvenet, Musée des Beaux-Arts (Troyes)

Participou na guerra de Troya. Na mesma, os gregos capturaron a Criseis e a Briseis. Esta última foi asignada a Aquiles, mentres a primeira a Agamemnon. Cando, por respecto a Apolo, o rei tivo que devolver a Criseis -porque o seu pai era sacerdote do deus-, lhe arrebatou Briseis a Aquiles, quen reaccionou negándose a continuar loitando na guerra até que lhe foi retornada.
SkyphoMacron
O rapto de Briseis por Agamemnon seguida de Talzibios e Diomedes, ou skyphos de Macrón (c. 480 a.C.), Louvre

Briseida conducida hasta Agamenon, Tiépolo, fresco de Villa Valmarana (1757)
Briseis levada xunto a Agamemnon (1757), Giovanni Battista Tiepolo, fresco da Villa Valmarana

Briseida devuelta a Aquiles, Rubens, El Prado
Briseis devolta a Aquiles (1630-1635), Museo del Prado (Madrid)

A súa volta a Micenas Agamemnon foi víctima de Existo en complot coa súa amante e mulher do rei, Clitemnestra. A mesma asasinou xusto despois á profetisa Casandra. Logo deste feitos, Orestes, impulsado pola súa irmá Electra, vingouse matando a Clitemnestra e a Existo.

DokimasiaPainter-EgistoAgamemnon
DokimasiaPainter-OresteEgisto
DokimasiaPainterKrater
A morte de Agamemnon e a vinganza de Orestes, cratera do pintor de Dokimasia (c. 460 a.C.), Museum of Fine Arts (Boston). Na imaxe inferior vemos a cratera observada dende distintos ángulos ordenados coma se a fósemos xirando (mirándoa dende arriba) no sentido das agulhas do reloxo. Na segunda perspectiva, que vemos en grande na imaxe superior, atopamos a Existo agarrando pola cabeza a Agamemnon e disposto a afundir por segunda vez o seu punhal nel. Detrás d’Existo espera Clitemnestra cunha machada coa intención de asesta-lo golpe definitivo e de matar á profetisa Casandra, quen quizais é unha das tres mulheres que observan o crime, mentres as outras dúas poderían ser as filhas de Agamemnon, Crisótemis e Electra. Na cuarta perspectiva, en grande na imaxe central, asistimos á vinganza de Orestes, que asasina a Existo estimulado por Electra mentres aparece por detrás súa Clitemnestra cunha machada de dobre folha disposta a matalo.

Conclúo cunha observación: aparécese evidente que a relación entre Agamemnon e os filhos de Leto non foi moi boa.

A iconografía do mito de Afrodita

Abril 27, 2013

Unha das deusas olímpicas. Dise dela que foi deusa do amor e a beleza. Non está claro que quere dicir isto, se temos en conta que en grego antigo hai distintos termos que hoxe unificamos na idea moderna de amor, como eros, agape e filia. A pesares de que nun post anterior afirmei que o Afrodita era deusa do eros, agora penso que, posto que o amor sensual xa está personificado na figura de Eros -para os órficos orixe do universo, para outros filho de Afrodita-, a Afrodita correspóndelhe outro rol, quizais o do amor sexual máis explícito, tendo en conta a súa orixe na esperma de Urano (o Ceo). En resumo, entendo que é a deusa de sedución, da atracción pola beleza física, e das sensacións e impresións causadas por esta atracción.
Venus y Cupido (c1530)- Lucas Cranach, el joven.-Munichjpg
Venus e Cupido (c. 1530), Lucas Cranach o Novo, Alte Pinakothek (Munich)
Pero como mito, as lecturas que del se fixeron foron diversas, en particular as de Platon ou as de Pausanias; desta maneira atopamos a Afrodita Urania (celeste) -deusa dun amor máis ben puro, de ánima, que físico-, Afrodita Pandemos (popular) -deusa do amor carnal como a entendemos habitualmente- e outras.
Venus pandemia-espejo corintio de bronce (c 370aC)-Louvre
Afrodita Pandemos sobre un cabrón agarrándose aos seus cornos, espelho corintio de bronce (c. 370 a.C.), Louvre

Afrodita de Cnido (copia romana de la obra de Praxíteles que tiene a Friné como modelo) - Museo Pio-Clementino (Vaticano)
Afrodita de Cnido (s. II d.C.), copia romana en mármore da escultura de Praxiteles que ten a Friné como modelo, Museo Pio-Clementino (Vaticano)

Aphrodite (Venus of Taurida) Ancient Greece-2nd century BC (The State Hermitage Museum, St Petersburg)
Venus de Taurida (s. II a.C.), The State Hermitage Museum (St. Petersburg)

Aphrodite, dite Vénus de Milo Vers 100 avant JC-Louvre
Afrodita (Erich Lessing, Philippe Sollers)
Venus de Milo (finais do s. II a.C.), obra de mármore, Louvre

Aphrodite accroupie Oeuvre romaine d'époque impériale(Ier - IIe siècle après JC)-Louvre
Venus agochada (s. II d.C.), obra de mármore, Louvre. Máis información aquí.

Esquiline Venus (30 - 70) (Musei Capitolini, Museo del Palazzo dei Conservatori, Halls of the Horti Lamiani)
Venus Esquilina (30-70 d.C.), Museo del Palazzo dei Conservatori-Sala dos Horti Lamiani, Musei Capitolini (Roma)

Segundo Hesíodo, deusa nacida da escuma branca do mar -ou aphros– saída dos xenitais de Urano despois de que Crono o castrase cortándoos cunha fouce. Uns din que foi preto da ilha de Citera, mais outros o sitúan preto dalgunha praia da ilha de Chipre, seguramente no suroeste, non moi afastado de Pafos -ou de Amatús, segundo outros-, lugares célebres polo culto que se lhe rendiu, de orixe fenicio. Porque tal como o mito hesiódico do seu nacemento parece ter unha orixe oriental, a Afrodita grega (a Venus romana) ten demasiadas similitudes como para ser casuais coa Astarte fenicia, que a súa vez é a acadio-babilónica Ishtar, a sumeria Inanna ou a cananea (palestina) Ashtoreth, cuxas semelhanzas coa exipcia Isis tampouco son poucas.
A Afrodita así nacida chamouse Afrodita Anadiómena (’Αναδυομένη=xurdida dos mares).
Nacimiento de Venus-Trono Ludovisi (c460aC), Museo Nacional de Roma (de las Termas)
Nacemento de Venus, Trono Ludovisi (c. 460 a.C.), Museo Nacional ou das Termas (Roma)

Venus de Medici (I aC)-Galeria degli Uffizi
Venus Medici, acompanhada dun delfín e unha cuncha (s. I a.C.), copia romana en mármore dun orixinal en bronce do s. III a.C., Galleria degli Uffizi (Firenze)

La nascita di Venere-Boticelli (Lane Fox-cap 16-n42)
Nascita di Venere (c. 1482-1485), Sandro Botticelli, Galleria degli Uffizi (Firenze). Neste cadro atopamos a Zéfiro -deus do vento do oeste e da brisa marinha- xunto a Cloris -deusa das flores e ninfa das Ilhas dos Bemaventurados (segundo os Fasti de Ovidio)- á dereita de Afrodita, e a súa esquerda a Hora da Primavera.

Alexandre Cabanel - Naissance de Vénus (1863)
Naissance de Vénus (1863), Alexandre Cabanel, Musée d’Orsay (Paris)

Venus en una concha marina-Fresco Pompeya (I aC)
Venus nunha cuncha marina (s. I a.C.), fresco de Pompeia.

Recordemos que o mito homérico diferénciase do hesiódico no nacemento de Afrodita, xa que segundo o gran poeta a deusa do amor foi filha de Dione.

O troiano Paris otorgoulhe a mazá que consagraba a súa superior beleza, a cambio de Helena, esposa de Menelao, o que causou a guerra de Troia, na que Afrodita defendeu ao bando troiano e logrou manter a Eneas con vida, quen logo fuxiría a Italia e que foi filho seu que concibiu do mortal Anquises.

A deusa tamén é recordada pola infidelidade co seu esposo Hefesto, preferindo ao seu amante Ares, con quen tivo a súa filha Harmonia. Tamén foi nai de Hermafrodito con Hermes e de Príapo con Dionisos, entre doutros, e amou a Adonis.

A deusa foi representada moi a miúdo saíndo do banho.
Capitoline Venus (96 - 192) (Musei Capitolini)
Venus Capitolina (s. II d.C.), copia en mármore dun orixinal de Praxiteles do s. IV a.C., Musei Capitolini (Roma)

Venus Calipigia, Museo Nacional de Nápoles
Venus Callipigia (c. s. II d.C.), copia en mármore dun orixinal grego (suposto en bronce) de c. s. IV a.C., Museo Arqueolóxico Nacional (Nápoles)

Venus con espejo (1555), Tiziano, Washington National Gallery
Venus con espelho (1555), Tiziano, National Gallery of Art (Washington)

Tamén son diversas as representacións nas que aparece en repouso logo do Renacemento.
Venus dormida de Giorgione
Venus dormida (c. 1508-1510), Giorgione, Staatliche Kunstammlungen (Dresde)

Venus de Urbino (1538), Tiziano, Uffizi
Venus de Urbino (1538), Tiziano, Galleria degli Uffizi (Firenze). Máis información aquí.

Venus del espejo (1650)-Velázquez-National Gallery (London)
Venus del espejo (c. 1650), Diego Velázquez, National Gallery (London)

Venus victrix-Pauline Bonaparte (1805-1808) Antonio Canova-Borghese
Venus Victrix ou Pauline Bonaparte  (1805-1808), Antonio Canova, Galleria Borghese (Roma)

A iconografía do mito de Anfiarao e os Sete contra Tebas

Decembro 17, 2012

Anfiarao, filho de Oícles (e de umha suposta Hipermnestra filha de Testio) foi um adivinho que precedeu como rei de Argos a Adrasto (neto de Biante, o irmán de Melampo, quem foi bisavó de Anfiarao, de modo que todos son descendentes do tesalio Creteo, filho de Eolo e Enárete). Tras umha desputa entre eles Anfiarao casou con Erifile, irmá de Adrasto, quem fixera que se reconciliasen e que xurasen que en posteriores liortas entre ámbolos dous acatarían as súas decisións.
Adrasto comprometeuse a axudar a Polinices (filho de Edipo) -quem casou com umha das súas filhas- a recupera-lo trono de Tebas, en mans do seu irmán Eteocles. Anfiarao sabía que a expedición acabaría mal e negouse a ir, mais Erifile, seducida polo colar que lhe foi ofrecido por Polinices, decretou que Anfiarao tinha que ir. Tra-la derrota da expedición dos Sete contra Tebas, Anfiarao foi engulido co seu carro pola terra.

Polinices dando a Erifile o colar de Harmonia-Enócoe ático de figuras vermelhas circa 440aC atopado en Italia - Louvre
Polinices dando a Erifile o colar de Harmonia, enócoe ático de figuras vermelhas (c. 440 a.C.), Louvre

Anfiarao sanando aos enfermos-Oropo
Anfiarao sanando aos enfermos asinado por Arjinos (Archinos), relevo do santuario do oráculo de Anfiarao en Oropo (s. IV a.C.), Museo Nacional (Atenas)

Urna etrusca (Volterra), Anfiarao, Erifile, Polinices
Erifile convence a Anfiarao a que acuda coa expedición dos Sete contra Tebas. De esquerda a dereita aparecen: Atlante (ou Telamón) sostém do ceo, umha criada de Erifile, Anfiarao, o rapaz pequeno aos pes do leito é Alcmeón -filho de Anfiarao (quem posteriormente sufriría fortuna similar á do seu pai)-, Erifile está enriba do leito, Polinices -que aparece encolhido sostendo na man esquerda o colar de Harmonia que lhe ofrece a Erifile-, detrás de Polinices umha Erinia alada que representa a vinganza (Alcmeón matará a súa nai Erifile), logo outra criada de Erifile e finalmente os pes do que debería ser aoutro Atlante (ou Telamón). Urna etrusca (s. I a.C.), Volterra

Urna etrusca (Volterra), Anfiarao engulido pola terra
Anfiarao e o auriga na súa cuadriga sepultados pola terra. De esquerda a dereita: um guerreiro que nom parece fácil d’identificar, Anfiarao enriba do carro, o auriga, e umha Erinia cum facho tirando da cuadriga. Urna etrusca (s. I a.C.), Volterra

Anfiarao, Domenico del Barbiere, gravado, s. XVI
Amphiarao e o carro engulidos pola terra (s. XVI), gravado de Domenico del Barbiere (tamén conhecido como Dominique Florentin), LACMA (Los Angeles, California)

Para ver máis urnas etruscas, aparecen neste libro coas imaxes explicadas: Monumenti etruschi o Di etrusco nome (en italiano). Para outras imaxes do mundo grego antigo (numha está Anfiarao no carro) tamén pode verse Greek Late Classical. Finalmente deixo un vídeo (en inglés) entorno ao Anfiareion de Oropo:

E o lied Amphiaraos D 166 de Franz Schubert, con texto do poema homónimo de Theodor Körner (1791-1813), interpretado por Dietrich Fischer-Dieskau e Gerald Moore:

A iconografía do mito de Hipnos

Novembro 10, 2012

Hipnos foi o deus-personificaçom do sono (nom confundir cos Oniros, figuras represemtantes dos sonhos), irmán de Tánatos, a morte, e pai de Morfeo, deus dos sonhos (que se tenhen durmindo). Hipnos e Tánatos viven no Hades, nas proximidades do río Lete (do esquecemento). Hipnos ía provisto de ás e en caso de ir acompanhado de Tánatos estava velho e barbudo. Estes dous, precisamente, som quem conducem os cadáveres dos guerreiros falecidos na batalha.



Hipnos e Tánatos, nun lécito (c. 430 a.C.), British Museum (London)


Os restos de Sarpédon, obra tamén conhecida como cratera de Eufronio (c. 510 a.C.), Villa Giulia (Roma), tras ser restituída polo Metropolitan Museum (New York) no ano 2008


Iride chiede a Hypnos di mandare Orfeo da Alcione (mediados do s. XVII), Giulio Carpioni, Szépművészeti Múzeum (Budapest)


Cybèle éveillant le Sommeil (c. 1600), Toussaint Dubreuil, Château de Fontainebleau

A iconografía do mito de Adonis

Outubro 29, 2012

A filha do rei Cíniras de Chipre (ou dun rei asirio), Esmirna -logo chamada Mirra- foi castigada por Afrodita a namorarse do seu pai. Tras xacer con el, ao decatarse este de que era a súa filha intentouna matar, pero ela logrou fuxir e os deuses ocultárona metamorfoseándoa na árbore de mirra, do que naceu o filho de ambos, Adonis.

La nascita di Adone (c. 1685-1690), Marcantonio Franceschini, Staatliche Kunstammlungen (Dresde)


La naissance d’Adonis (1623), fragmento (fáltalhe -como se pode ver- a esquina inferior dereita) dun debuxo de Nicolas Poussin encargado polo Cabaleiro Marin, Royal Library, Windsor Castle

A súa beleza fixo que a mesma Afrodita namorásese del; esta escondeuno num cofre que confiou a Perséfone pra súa salvagarda, pero a raínha dos mortos tamén namorou del e non quixo devolverlho á deusa do amor. Zeus, como xuíz desta disputa, mandou que Adonis estivese cada ano uns meses con Afrodita e outros con Perséfone.

O arbitrio de Zeus con Afrodita e Perséfone de pé aos lados e con Adonis xacente sobre un leito na parte inferior, pelike de Apulia (mediados do s. IV a.C.), Museo Arqueolóxico Nacional (Nápoles)

O paso de estar con Afrodita a canda Perséfone asociaríase coa súa accidente mortal. Numha cacería, Adonis morre ferido por un xabaril, que din algúns que puido ser (enviado por) Ares, celoso amante d’Afrodita. Entón Afrodita chorouno, e da súa sangue brotaron vermelhas anémonas.

La mort d’Adonis (1742), gravado de Louis Surugue segundo François Boucher, Bibliothèque Nationale de France (Paris)


L’Empire de Flore (1631), Nicolas Poussin, Gemäldegalerie Alte Meister (Dresde)


La Mort d’Adonis (1536), Giovanni Battista di Jacopo, tamén chamado il Rosso Fiorentino, Galerie François I, Château de Fontainebleau


Venus de loito por Adonis (c. 1580), Paolo Veronese, Nationalmuseum (Stockholm)


Vénus pleurant Adonis (c. 1627), Nicolas Poussin, Musée de Beaux-Arts (Caen)

Este mito interpretaríase en clave estacional (segundo os cultos que se lhe rendían e as teorías do antropólogo sir James Frazer), identificándose o tempo que Adonis pasara no Hades coa raínha dos mortos co tempo invernal (de finais d’outubro até febreiro-marzo) e a estancia con Afrodita coa renovación anual da verdor durante a primavera e o seu clímax ao longo do verán [hipótese: pódese observar que o termo “inverno” procede do latín hibernu, que ten certo parecido co nome Averno, lugar de entrada ao Hades e co que se identifica en ocasións; do mesmo modo “inferno” procede de infernu, manténdose as similitudes].
Parece ser que este mito ten a súa orixe en oriente e noutras mitoloxías, como mostra o feito de que se celebrasen cultos similares en toda a cunca oriental do Mar Mediterráneo, dende Exipto até Grecia pasando por Biblos e o cercano río conhecido hoxe coma Nahr Ibrahim (concretamente nas súas fontes en Afqa). Así, mentres Afrodita sería umha asimilación da deusa sumeria Inanna, Adonis seríao do pastor Dumuzi, nomes adaptados polos semitas (acadio-babilónicos) como Ishtar e Tammuz respectivamente. Estes deuses do Levante serían levados polos fenicios até Chipre, onde os gregos os acolherían.



Adone e Venere (68-79 d.C.?), fresco da casa de Adonis ferido (casa di Adone, VI.7.18, Pompeia) [copyright © Jackie e Bob Dunn]



Vénus trouvant le corps d’Adonis (1830), despois de nacer (ou morrer?) este, obra de Giovanno Francesco Barbieri, tamén conhecido como il Guercino (Dresde)

Nas seguintes pinturas represéntase o momento en que Adonis parte de caza por derradeira vez antes de morrer, mentres Afrodita trata de impedilo.

Venus y Adonis, Tiziano-Museo del Prado
Venere e Adone (1553-1554), Tiziano, Museo del Prado (Madrid)


Venere e Adone (1580), Paolo Veronese, Museo del Prado (Madrid)


Venus e Adonis (c. 1610), Peter Paul Rubens, Museum Kunstpalas (Düsseldorf)


Venus e Adonis (c.1635), Peter Paul Rubens, Metropolitan Museum (New York)


Vénus et Adonis (c. 1625), Nicolas Poussin, Rhode Island School of Design, Museum of Art (Providence, Rhode Island)


Vénus et Adonis (c. 1650), Nicolas Mignard, Minneapolis Institute of Arts (Minneapolis, Minnesota)


Vénus et Adonis (1729), François Lemoyne, Nationalmuseum (Stockholm)

Diversos sarcófagos refiren o conxunto do mito do cazador. Aquí hai algumhas imaxes. Máis sobre o mito de Adonis (incluidas representacións pictóricas) encontrarédelo en francés aquí.


Anémonas vermelhas, coma as que xurdiron da sangue d’Adonis trala súa morte.

A iconografía do mito de Alcestis e Admeto (e Heracles)

Setembro 22, 2012

Alcestis foi unha das fillas de Pelias, fillo a súa vez de Tiro e Poseidón e irmán xemelgo de Neleo. Admeto, rei de Feras, namorouse dela, pero pra consegue-la súa man tinha que satisface-la proba esixida polo seu pai -debido á numerosa cantidade de pretendentes que había-, isto é, montar nun carro levado baixo o mesmo xugo por un xabaril e un león, previamente xunguidos estes. Logrouno e casáronse. Cando Admeto morreu, Alcestis quixo baixar ao Hades no seu lugar, pero ao decatarse disto Heracles, baixou ao Inframundo e rescatouna.



A noiva Alcestis nos preparativos da súa voda, representada nun epinetro ático (c. 420 a.C.), Museo Nacional (Atenas)


Alcestis, despedíndose dos seus fillos, lutróforo de Apulia (c. 360 a.C.), Antikenmuseum (Basilea)


Morte di Alcestide, representada nun sarcófago romano atopado en Villa Albani (Roma)


Heracles devolve Alcestis a Admeto, debuxo de Antoine Coypel (1661-1722), Ashmolean Museum (Oxford)

Como referencias finais, unha web sobre os epinetros e outra con máis información sobre o mesmo: http://www.beazley.ox.ac.uk/index.htm

A iconografía do mito de Acteón

Xuño 24, 2012

Acteón foi fillo de Aristeo e Autónoe, e irmán de Macris (nutriz de Dionisos). Recordo que Aristeo era fillo de Apolo e Cirene, mentres Autónoe era filla de Cadmo e Harmonia. Acteón é recordado porque estando de caza cos seus cans atopouse con Ártemis bañándose núa e cando esta decatouse de que el a mirara, transformouno en cervo e fixo que os cans del o devorasen.

Acteón devorado polos seus cans nunha métopa do templo de Selinunte (c. 465 a.C.), Museo Nacional (Palermo)

Acteón devorado polos seus cans, cratera de Boston (c. 480 a.C.), pintor de Pan, Museum of Fine Arts (Boston)

Acteón devorado polos seus cans, fragmentos de cratera de Atenas? (c. 470 a.C.?), pintor de Pan?, Museum of Fine Arts (Boston)

Diana e Acteón (1603-1606), Giuseppe Cesari, Szépmûvészeti Múzeum (Budapest) (son 7 versións de c. 1600 unha das cales está no Louvre?)

Diana e Acteón (c. 1556-1559), Tiziano, National Gallery of Scotland (Edinburgh)

A morte de Acteón (p. 1559), Tiziano, National Gallery (London) (ou Harewood House?)

Acteón metamorfoseado en cervo (c. 1616), Francesco Albani, Louvre(?)

Acteón metamorfoseado en cervo (c. 1630), Francesco Albani, Louvre(?)

Diana sorprendida por Acteón (1734), Jean-François de Troy, Kunstmuseum (Basilea)

Acteon e Diana (1520), Lucas Cranach, The Wadsworth Atheneum (Hartford, Connecticut)

Máis referencias nas seguintes webs:
Mlahanas
CC
Ni se mira ni se toca

A iconografía do mito de Acis e Galatea (e Polifemo)

Xuño 15, 2012

Galatea era unha nereida que vivía en Sicilia, a cal namorou de Acis. Isto foi a orixe da furia do ciclope Polifemo, que cantaba seu amor por Galatea, e pola que un día sorprendeunos e esmagou a Acis baixo unha inmensa rocha. Entón Galatea transformou o que restaba do seu amado en río.

Polifemo tocando a siringa mentres Galatea vai enriba dun delfín (s. I), fresco de Pompeia.

Polifemo, xigante namorado que toca a siringa (1595-1605), por Annibale Carracci, Pazo Farnesio (Roma)

Paisaxe con Polifemo (1649), Nicolas Poussin, Ermitage (San Petersburgo)

Polifemo, Acis e Galatea nunha escultura de Auguste Ottin de 1866 para a fonte Médicis nos Xardíns de Luxemburgo (Paris).

Polyphème, Acis et Galatée, Ker-Xavier Roussel (1867-1944), Musée d’Orsay (Paris)

O triunfo de Galatea (1511), Rafael Sanzio, Villa Farnesina (Roma)

Máis aquí