Gabriel García Márquez (06/03/1927 – 17/04/2014)

Abril 18, 2014

Na morte do escritor colombiano, que herdeiro literario de William Faulkner construíu o realismo máxico como autor de obras mestras entre as que destacan Cien años de soledad, Crónica de una muerte anunciada ou El amor en los tiempos del cólera.

Tal día coma hoxe, 9 de abril…

Abril 9, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • nacía en 1906 en Budapest o compositor e director de orquestra Antal Doráti.

Tal día coma hoxe, 7 de abril…

Abril 7, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • estreábase en 1805 a Sinfonía nº 3 de Ludwig van Beethoven.
  • morría en Genova en 1898 a ex mulher de Oscar Wilde, Constance Mary Lloyd.

William Andrews Clark Memorial Library, University of California

Tal día coma hoxe, 6 de abril…

Abril 6, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • nacía en Tomsk (Siberia) en 1929 o compositor Edison Denisov.
  • morría en 1829 o matemático noruego Niels Henrik Abel.
  • a Convención Nacional decretaba en 1793 a creación do Comité de Salvación Pública.


Niels Henrik Abel en 1826.

Tal día coma hoxe, 5 de abril…

Abril 5, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • estreábase en 1803 en Viena o Concerto para piano nº 3 de Ludwig van Beethoven.

Tal día coma hoxe, 3 de abril…

Abril 3, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • morría en Viena en 1897 o compositor Johannes Brahms.

Tal día coma hoxe, 31 de marzo…

Marzo 31, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • nacía en 1732 o compositor Franz Joseph Haydn.
  • estreábase en 1901 a ópera Russalka op. 114 de Anton Dvořák.

Tal día coma hoxe, 29 de marzo…

Marzo 29, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • morría en 1888 o compositor virtuoso do piano Charles-Henri Valentin Morhange Alkan.









JLG : entre-Vistando a GODARD

Marzo 27, 2014

Tal día coma hoxe, 26 de marzo…

Marzo 26, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • morría en Petrogrado en 1918 o compositor César Cui.
  • morría en 1987 o director de orquestra Eugen Jochum.







Tal día coma hoxe, 17 de marzo…

Marzo 17, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • estreábase o Concerto para piano nº 2 xunto coa Fantasía Op. 13 de Chopin en 1830 en Varsovia.
  • estreábase o Pelléas et Mélisande de Sibelius en Helsinki en 1905.



Tal día coma hoxe, 5 de marzo…

Marzo 5, 2014

…segundo o calendario gregoriano:

  • nacía en Bologna en 1922 o intelectual, escritor e cineasta Pier Paolo Pasolini.

  • Tal día coma hoxe, 3 de marzo…

    Marzo 3, 2014

    …segundo o calendario gregoriano:

    • morría en 2003 o compositor italiano Goffredo Petrassi.




    Alain Resnais (03/06/1922-01/03/2014)

    Marzo 2, 2014

    No día da morte deste mestre, un dos máis grandes directores de cine, recordamos un dos comezos máis poéticos pra un filme, Hiroshima Mon Amour, umha das obras máis misteriosas deste arte, L’année dernière à Marienbad, e a incrible mestura entre experimentación digna dun Godard e lixeireza propia dun Rohmer, presente por exemplo na fascinante Smoking/No Smoking; recordamos umha carreira paralela á de Agnès Varda e á da Nouvelle Vague; e recordamos umha delicatessen xa mencionada neste blogue, o seu fabuloso corto Toute la mémoire du monde.

    Alain Resnais

    Tal día coma hoxe, 19 de febreiro…

    Febreiro 19, 2014

    …segundo o calendario gregoriano:

    • interpretábase por primeira vez o ano 1881 en Londres a Sinfonía nº 3 D 200 de Franz Peter Schubert.

    Tal día coma hoxe, 17 de febreiro…

    Febreiro 17, 2014

    …segundo o calendario gregoriano:

      • morría, segundo algumhas fontes, Dmitri Kabalevski en 1987 (segundo outras fontes o seu deceso teríase producido o día 14 do mesmo mes)
      • Franz Liszt interpretaba ao piano o seu Concerto para piano nº 1, coa orquestra dirixida por Hector Berlioz, o día da súa estrea en 1855 no Castelo de Weimar.

    Claudio Abbado (26/06/1933 – 20/01/2014)

    Xaneiro 20, 2014

    Ben merece umha homenaxe este director de orquesta italiano ao cal eu e estou seguro que boa parte da minha xeración e de moitas pasadas debémoslhe en grande medida o noso oído musical, a nosa percepción no campo da música clásica ou culta. Un dos máis grandes, un gran clásico da interpretación do século XX e comezos do XXI. Vivo para sempre a través das súas versións e da súa labor.

    Publius Decius Mus

    Xaneiro 19, 2014

    Publio Decio Mus (ou Públio Décio) foi un político e militar romano que destacou por dous actos heroicos que Tito Livio narra nos libros VII e VIII da súa Historia de Roma (Ab Urbe Condita).

    O primeiro (relatado en Livio, VII, 34-36) foi o ano 343 a.C. (anno 411 a.u.c.), cando era tribuno militar, no comezo das guerras samnitas, ao salvar ao exército do cónsul Cornelio dunha derrota segura debida á mala posición tomada, grazas a súa valentía e as súas acertadas decisións estratéxicas. Sintetizando, Públio e as primeiras linhas dumha soa lexión avanzaron até o alto dum outeiro que avistara previamente e dende alí atacaron ao inimigo pola noite, mentres o resto do exército fuxía.


    Os obsequios de Decio Mus (1616/1617), Peter Paul Rubens

    O segundo feito polo que será recordado é a súa autoinmolación na guerra contra os latinos no ano 340 a.C. (anno 414 a.u.c.), cando era cónsul xunto a Tito Manlio Torquato. Esta sacrificio era previsto para um dos cónsules polos presaxios relatados en Livio, VIII, 6, e as últimas sinais, sobre todo o mal que lhe ía a batalha á formación de Publio, relatadas ao inicio de Livio, VIII, 9, fan que este se decida a chamar a Marco Valerio Corvo pra ofrecerse en sacrificio aos deuses mediante umha deuotio..

    Decio Mus preparándose pra morrer (1616/1617), Peter Paul Rubens
    Logo “saltou armado sobre o seu cabalo e lanzouse no medio do inimigo á vista de ambos exércitos cun aspecto bastante máis augusto ca un humano…” facendo presas dun espanto abismal aos inimigos antes de caer “esmagado por lanzas”.


    A morte do cónsul Decio (1616-1617), Peter Paul Rubens

    Ciclo (de pintura) Decio Mus

    O seu filho morreu de forma idéntica.

    Só os cadáveres nom tenhen tempo

    Decembro 18, 2013

    Diría algumha vez um velho sabio. O tempo é precisamente umha calidade definitoria da vida. Vivir é gozar do tempo.

    O que ocorre é que as persoas temos prioridades: preferimos adica-lo tempo a umhas cousas que a outras, polo menos superficialmente, xa que a miúdo, estas preferencias som algo insinceras, condicionadas polo entorno. Por outra banda, inda que é necesario durmir, é umha “actividade” que se realizará eternamente (inda que sen a oportunidade dos sonhos) cando xa se estea morto.

    214912616_6a5e611c86

    Joan Fontaine (22/10/1917 – 15/12/2013)

    Decembro 16, 2013

    Outra morte doutra inesquecíbel, unha desconhecida que foi Jane Eyre e máis musa de Hitchcock.
    joan_fontaine-Jane Eyre