Archive for Agosto 2011

Día tras día. 14-Thermidor, ano CCXIX, Basilic

Agosto 1, 2011

Estamos no día do asubiote (Ocimum basilicum), planta aromática da familia das Lamiacae, moi empregada na cocinha mediterránea, é a base do pesto. O seu nome procede do grego βαζιλικόν (basilikón), que quere dicir planta real. Hoxe deixo unha frase que escribiu alguén fai uns anos nun foro de Internet, sobre o mundo do círculo de Viena de principios do século XX, con especial referencia os compositores, en particular a Gustav Mahler.

“O malo de ser obsesivo e de escoitar tanto Schönberg e Berg é que xa me creo que estou dentro dunha novela de Robert Musil, que meu emperador é Francisco Xosé e que manhán a primeira hora tenho consulta co Dr. Freud … a única esperanza que tenho é que Alma Mahler non me deixe plantado no Café Wienerstadt como fixo a semana anterior ….”